Trátase dunha edición limitada de Bodegas La Val de 200 botellas do albariño “La Val Solidario” que se poderá adquirir, por 8 euros, na tenda física, na súa tenda online e na sede da Asociación Aspanaex en Vigo.
Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, sacou á venda o albariño “La Val Solidario 2018”, unha edición limitada de 200 botellas que é o resultado da vendima na que o pasado setembro, o equipo de Bodegas La Val, un grupo de xornalistas, así como mozos e mozas da Asociación Aspanaex, uniron forzas nunha xornada na que vendimiaron xuntos.
Os beneficios xerados coa comercialización doaranse integramente ao proxecto “Axúdanos a construír un soño”, unha residencia con 58 prazas en Vigo para persoas con discapacidade intelectual. O proxecto conta xa co apoio de entidades como o Concello de Vigo ou o Corte Inglés. Desde 1963 Aspanaex traballa a favor das persoas con discapacidade intelectual, para facer que elas e as súas familias poidan levar a cabo un proxecto de vida de calidade. Segundo Fernando Bandeira, xerente de Bodegas La Val: “Para nós é un orgullo poder colaborar nun proxecto tan necesario para contribuír á mellora da calidade de vida e do futuro das persoas desta Asociación”.
Cun prezo de 8 euros, as botellas de “La Val Solidario”, pódense comprar xa na tenda online (www.bodegaslaval.com), na tenda física de Bodegas La Val (Salvaterra de Miño) ou na sede da Asociación Aspanaex en Vigo ( C/ Mestres Goldar 18).
Este é o segundo ano que Bodegas La Val aposta por crear un “Viño Solidario”, un proxecto persoal co que a adega quere mostrar o seu compromiso, non só cunha maneira especial de traballar a terra, senón tamén coa sociedade. No 2017 a recadación da vendima solidaria doouse á ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia), asociación que axuda aos nenos que padecen cancro en Galicia e ás súas familias. Para a vendima do 2019 barállanse xa varias asociacións de Galicia.



