spot_img
InicioVigo e áreaO Porriño"Planetario 3D" chega aos centros educativos do Porriño con motivo do Día...

“Planetario 3D” chega aos centros educativos do Porriño con motivo do Día da Ciencia

Planetario 3D chega aos centros educativos do Porriño con motivo do Día da Ciencia Esta semana comezou a actividade formativa presencial “Planetario 3D” para alumnos de Infantil e Primaria. A primeira sesión foi onte no no CEIP de Cruz-Budiño e hoxe martes celebrouse no CEIP Antonio Palacios, de Torneiros, onde acudiron a alcaldesa Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure este mediodía.

Neste mesmo colexio tamén desenvolveuse hoxe unha quenda do obradoiro de educación en valores que imparte con cans de terapia e que tamén está percorrer os colexios do Porriño.

PLANETARIO E CINEMA

“Planetario 3D” é unha proposta formativa que se desenvolve coa ocasión do Día Mundial da Ciencia. Celebrase de xeito presencial namentres que outra actividade denominada “Cinema 360º”, enfocada ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP, terá lugar mediante sesións telemáticas, a partir do vindeiro luns 16 nos institutos do Porriño ata o luns 23.

Ambas actividades están promovidas polo Concello do Porriño a través da Concellería de Educación e a Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) que asumiron a proposta que fixera no seu día o Consello de Participación da Infancia e Adolescencia do Porriño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.