·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín aprobará o seu PACES para seguir fomentando unha economía verde, circular...

Marín aprobará o seu PACES para seguir fomentando unha economía verde, circular e sostible

Marín aprobará o seu PACES para seguir fomentando unha economía verde, circular e sostibleO próximo Pleno da Corporación tratará a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACE) que rexerá as liñas mestras sobre as que actuará o Concello de cara a avanzar na sostibilidade e na mellora do medio ambiente.

Este PACES forma parte das necesidades a levar a cabo dentro do Pacto de Alcaldes e Alcaldesas Polo Clima e a Enerxía, ao que Marín se adheriu no 2019, co que o concello adquiriu compromisos relativos a:

  • Reducir as emisións de CO2 (e gases de efecto invernadoiro) nun 40% como mínimo de cara ao 2030, a través da mellora da eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovables.
  • Aumentar a resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

Coa finalidade de chegar a estes obxectivos, o Concello, ademais de aprobar o PACES, levará a cabo un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e de vulnerabilidades derivados do cambio climático. Asemade, haberá traballos de seguemento e control destas cifras para coñecer a súa evolución no tempo.

A empresa Inovalabs foi a encargada de prestar a asistencia técnica para a elaboración deste plan, por un importe de 12.087,90 euros. Para poder artellar todas as medidas que inclúe o PACES, a empresa realizou inicialmente un inventario de referencia de emisións na nosa vila, unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático específicas de Marín e unha proposta de medidas previstas.

Medidas para avanzar nun Marín aínda máis verde

Nunha sesión de traballo coa Corporación municipal, foi completado o proceso de elaboración do PACES incluíndo a participación a través de enquisas, co obxectivo de identificar as accións máis relevantes para o Concello de Marín en materia climática.

Estas accións centraranse nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Aumento da superficie de áreas verdes, coa plantanción de árbores e a creación de novas hortas urbanas.
  • Redución do consumo de auga e medidas dirixidas a controlar a incidencia de grandes chuvias e posibles inundacións futuras.
  • Accións relacionadas coa saúde e a concienciación e sensibilización da poboación.
  • Reforma de edificios e de infraestruturas para mellorar a súa eficiencia ambiental
  • Redución do efecto do selado do terreo e aumento das áreas permeables.
  • Medidas encamiñadas á agricultura e silvicultura e incentivación e ampliación dos modelos de compostaxe e de economía circular.

A elaboración deste PACES contou cunha subvención para a elaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de 11.000 euros.

Marín traballa a súa estratexia de mellora medioambiental para reducir as emisións no municipio

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies