O Concello de Cambados presentou a súa Festa do Albariño para este 2022 e tamén quen realizará o pregón, que este ano correrá a cargo de Pitusa Vidal Cabanillas
Cambados recupera así unha festa emblemática da vila, despois de que a pandemia paralizase durante dous anos toda actividade festiva e failo cunha programación chea de actividades repartidas por todo o centro urbano e apostando por estender o evento tanto en espazo como en tempo.
PROGRAMA
Venres 29 de XULLO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Boudebou
10:00-13:00h Na Praza do Concello xogos tradicionais para nen@s e adult@s
13:00h Na Casa do Concello Pregón da LXX Festa do Albariño a cargo de Pitusa Vidal Cabanillas
13:30h No Paseo da Calzada apertura de food trucks
19:00h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Cacabelos
19:30h No Parque de Torrado malabares con Fran Boza
20:00h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio
22:30h Na Praza de Fefiñáns concerto de Nicky Jam
00:30h Na Praza do Concello sesión musical con La Duendeneta
Sábado 30 de XULLO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Os Carballeiras
12:30h Na Praza de Alfredo Brañas sesión musical con La Duendeneta
17:30h Na praza de San Gregorio, organizado polos hostaleiros, concerto de Louband Street Band
19:00h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio
19:30h Pasarrúas da Charanga Alambique
20:00h No Parque de Torrado espectáculo infantil de SuperMeiga
22:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de Moura e Derby Motoreta´s Burrito Kachimba
23:00h Na Praza do Concello actuación da orquestra Magos
00:30h Na Praza do Concello festa con El Pirata de Rock FM e os clásicos do rock
Domingo 31 de XULLO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Con de Xido
12:00h Pasarrúas da Charanga Alambique
13:00h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Take it easy
17:30h Na praza de San Gregorio, organizado polos hostaleiros, concerto de Pauliña
19:00h Pasarrúas da batukada Olodum do Coio
21:00h Na Praza de Fefiñáns espectáculo infantil Legado de Tibu
22:30h Na Praza do Concello actuación do grupo Los Alkar
Luns 1 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas de Con de Xido
20:30h No Parque de Torrado concerto de música infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona
22:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de O Cadelo Lunático
Martes 2 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Xironsa
19:30h Diante da escalinata de San Tomé espectáculo de trapecio aéreo con Kaldi
20:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Velvet Crab
21:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de Irevire e Tanxugueiras
00:30h Na Praza do Concello actuación da orquestra El Combo Dominicano
Mércores 3 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, do grupo de gaitas Boudebou
10:00-13:00h na Praza do Concello xogos tradicionais para nenos e adultos
13:30h No Paseo da Calzada apertura/inauguración das casetas de degustación
19:30h Pasarrúas da charanga Alambique
20:00h No Parque de Torrado espectáculo infantil de música, clown e teatro con Píscore
20:30h Na Praza de Alfredo Brañas concerto de Leda Atómica
22:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de Beny Jr e Morad
23:00h Na Praza do Concello actuación da orquestra Marbella
Xoves 4 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Volandeira
10:00h Cata Prima no Salón de Actos do Parador de Cambados
12:00h Inauguración do Túnel do Viño no Salón de Congresos e Exposicións José Peña
11:00-15:00h/17:30-21:30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa) no Salón de Congresos e Exposicións José Peña
12:30h Pasarrúas da charanga Alambique
17:30h Na praza de San Gregorio, organizado polos hostaleiros, concerto de M80
19:30h Pasarrúas da charanga Alambique
20:00h No Parque de Torrado maxia con Adrián Conde
20:30h Pasarrúas de Festicultores Troupe, comezando na Praza de Alfredo Brañas
21:30h Na Praza de Fefiñáns concertos de Boudebou e Susana Seivane
23:00h Na Praza do Concello actuación da orquestra Los Satélites
Venres 5 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Volandeira
11:00h Cata Derradeira no Salón de Actos do Parador de Cambados
11:00-15:00h/17:30-21:30h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas (15€/persoa) no Salón de Congresos e Exposicións José Peña
17:30h Na praza de San Gregorio, organizado polos hostaleiros, concerto de Los Lombardi
18:00h Na Praza do Con, en San Tomé, Nortada Electrónica cos DJs Fer BR, Pomboloko e Smerz
20:00h Diante da escalinata de San Tomé espectáculo circense con Patty Difhusa
22:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de LaMontagne & PicoAmperio e Amaia
23:30h No Paseo de San Tomé actuación da orquestra La Oca Band
00:00h Na Praza do Concello discoteca Impacto
Sábado 6 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Xironsa
11:00-15:00h Túnel Profesional do Viño organizado polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, no Salón de Congresos e Exposicións José Peña (15€/persoa)
17:30h Na praza de San Gregorio, organizado polos hostaleiros, sesión musical con Jacobo DJ
22:00h Na Praza de Fefiñáns concertos de Dani Cornes e Dorian
23:00h No Paseo de San Tomé actuación do grupo Puzzle
00:00h Na Praza do Concello discoteca Euphoria
Domingo 7 de AGOSTO
Alborada, comezando en San Tomé, a cargo do grupo de gaitas Os Carballeiras
13:00h Desfile das Asociacións Culturais e grupos folclóricos de Cambados
13:30h No Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns, organizado polo Capítulo Serenísimo do Albariño, Acto de Investidura de Damas e Cabaleiros do Albariño, no que se fará entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñenses de Honra e Follas de Prata
14:30h No Pazo de Torrado Xantar do Albariño e apertura notarial do sobre cos nomes dos viños Premiados na LXX Festa do Albariño
22:00h Na Praza de Fefiñáns concerto da Banda de Música de Castrelo
22:30h Na Praza do Concello actuación do Grupo M5
00:00h No peirao de Cambados, Gran Espectáculo Pirotécnico do Albariño
Cartel promocional oficial da LXX Festa do Albariño 2022
O cartel promocional da LXX Festa do Albariño 2022 é obra de Pablo Sartal, deseñador gráfico e veciño de Paradela (Meis), que repite como gañador despois de resultar premiado en 2019. Nesta edición presentáronse a concurso un total de 20 propostas. O deseño gañador logrou o voto unánime do xurado e está composto por elementos representativos da festa como a copa, as uvas ou a botella. e tamén de Cambados, como as palmeiras, o sol e a choiva, todo iso representado en cores pastel sobre fondo branco.