
O actor Javier Gutiérrez, da película campións, Epi e Navarro, xogadores da seleccion española de baloncesto, Amistades Peligrosas , Manquiña e a selección de baloncesto de Gran Bretaña , entre outros, colaboran co CB Nigrán contra a violencia de xénero .
O CB Nigrán quere render un ano máis homenaxe ás vítimas de malos tratos con motivo do día contra a Violencia de Xénero cun vídeo no que colaboraron personalidades destacadas de diferentes ámbitos como os actores Javier Gutiérrez e Manquiña, os xogadores de baloncesto Epi e Navarro, os escritores Antonio García Teijeiro e Inma Lopez Silva, a campioa do mundo de Tríatlon paralímpico Susana Rodriguez,a xornalista Montse Fajardo, a actriz e presentadora Silvia Fominaya , o dúo musical Amistades Peligrosas, colectivos como a policia local de Nigrán ou o Grumir do Val Miñor e os claustros de todos os centros educativos de Nigrán , entre outros, ademais dos propios xogadores e xogadoras do club.

Todos eles aparecen no vídeo portando unha pelota de baloncesto, un balón por cada muller así como por cada un dos nenos e nenas asasinados neste 2019.
Todos quixeron colaborar nesta iniciativa do Club de Baloncesto Nigrán, unha iniciativa que forma parte do traballo social que realizan desde o club, onde consideran un aspecto fundamental traballar valores a través do deporte.

Un total de 52 balóns que simbolizan ás vítimas e cos que o Club Baloncesto Nigrán debuxa un gran lazo na pista de xogo do pavillón municipal de Panxón en torno ao cal se colocarán os xogadores, adestradores, directivos e familias do club, constituíndo a imaxe final do vídeo a través do cal o CB Nigrán busca concienciar e sensibilizar sobre “esta secuela social que non cesa no seu goteo de vítimas e que sirva como un pequeno granito de area na loita contra a violencia machista”.



