Inicio Val Miñor Gondomar Participantes do Campus deportivo de Gondomar visitan o 'Pesca 1' e os...

Participantes do Campus deportivo de Gondomar visitan o ‘Pesca 1’ e os Bombeiros de Vigo

participantes-do-campus-deportivo-de-gondomar-visitan-o-pesca-1-e-os-bombeiros-de-vigo

Os nenos e nenas que participaron nas IV Xornadas Deportivas e Solidarias do Concello de Gondomar, en total case  60 participantes,  visitaron o pasado venres o parque de Bombeiros de Teis-Vigo e o helicóptero de gardacostas Pesca 1 .

As xornadas deportivas foron organizadas pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro. Durante toda a semana pasada os participantes do campus deportivo  practicaron todo tipo de deportes: tenis, baloncesto, taekwondo, fútbol, balonmano, hockey, zumba, atletismo,  etc. Aprenderon as normas de todos estos deportes e conviviron entre eles desfrutando das suas vacacions de nadal. Tamén tiveron tempo para aprender normas de seguridade viaria en unha visita as instalacións da Policía Local de Gondomar ademáis de recibir un curso de primeiros auxilios impartido por un gardacostas do equipo do Pesca 1.

Os nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, pecharon así unha semana chea de novas experiencias coa visita os Bombeiros e o Pesca 1. Unha visita que  a Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro non quixo perderse, participando en todo momento das actividades  da xornada.

Desde a Concellería de Deporte queren agradecer a sua colaboración a:

Os monitores participantes; o Club de Baloncesto Nigrán-Gondomar; a Sociedade Atlética Valmiñor ; a Sociedade Deportiva Abetos; o Vincios Futbol Sala Cereixa; o Gondomar Futbol Base; o Club de Tenis Gondomar; e os Gardacostas de Galicia, Pesca 1 e os Bombeiros de Teis-Vigo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies