spot_img
InicioVal MiñorBaionaParticipantes de “Vincúlete” de Baiona visitan a protectora “Os Palleiros”

Participantes de “Vincúlete” de Baiona visitan a protectora “Os Palleiros”

Participantes de “Vincúlete” de Baiona visitan a protectora “Os Palleiros”O  grupo de participantes do proxecto Vincúlate, acompañados pola responsable do proxecto no Concello de Baiona e pola responsable de ADA intervencións, tivo a oportunidade de visitar a protectora Os Palleiros, de onde veñen os cans cos que traballan tódalas semanas dende hai tres meses.

Na visita, os rapaces e rapazas  percorreron as instalacións acompañados pola presidenta da  protectora e parte do persoal voluntario, que lles explicaron o funcionamento da mesma.

Revista COUSAS DE Nº13

Asimesmo, os baioneses e baionesas aproveitaron a ocasión para facer unha demostración das cousas que traballan cos cans no proxecto do noso concello.

A experiencia esta resultando moi enriquecedora tanto para os  participantes no proxecto como para as distintas persoas que, dalgunha maneira, colaboran ou participan no mesmo.

O alcalde, Carlos Gómez, resalta que “obxectivo desta visita era cumprir cunha demanda feita polos propios rapaces, moi implicados no proxecto, que querían coñecer máis a fondo o día a día dos seus compañeiros de catro patas así como tamén aproveitar a visita para continuar traballando tanto nas habilidades sociais como na xestión emocional, xa que o enfrontarse a esta realidade do abandono animal é unha boa oportunidade para afondar nos sentimentos e traballar sobre a súa xestión”.

Carlos Gómez explica que “a idea é que os participantes neste proxecto teñan a oportunidade de coñecer diferentes realidades de ocio e laborais que lles podan axudar á hora de encamiñar a súa vida adulta así como tamén que se enfronten a situacións novidosas que lles xeren inquedanzas e os motiven”.

- Publicidade -spot_img