spot_img
InicioGalicia‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024’, a proposta da Xunta de Galicia...

‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024’, a proposta da Xunta de Galicia para impulsar o turismo rural fóra de temporada

outono-gastronomico-en-turismo-rural-2024-a-proposta-da-xunta-de-galicia-para-impulsar-o-turismo-rural-fora-de-temporadaA nova edición de ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ comezou este venres cun balance de case 6 M€ inxectados no sector desde a súa posta en marcha

Revista Cousas De Nº22

O ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024’, a proposta da Xunta de Galicia para impulsar o turismo rural fóra de temporada, comeza este venres coa participación de 77 casas rurais nas catro provincias que ofrecerán paquetes gastronómicos especiais, paquetes de estadías e actividades paralelas como paseos a cabalo, descenso en canoa ou sendeirismo, entre outras.

Así o explicou hoxe o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que presentou xunto á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, esta nova edición que, ademais, traerá actividades especiais de promoción.  Nun acto celebrado na Casa do Cruceiro, no Concello de Ames, explicou que este produto impulsado por Turismo de Galicia “conseguiu consolidarse como demostran os case 6M€ que se inxectaron no sector turístico nestes dezasete anos nos que participaron máis de 92.000 persoas”, expresou.

Como dixo, nesta edición, o Outono Gastronómico en Turismo Rural desenvolverase desde este 13 de setembro ao 15 de decembro, coa intención de desestacionalizar e impulsar o sector do turismo rural que, ata xullo, se aloxaron máis de 100.000 persoas, o que supón un incremento dun 3% con respecto ao ano pasado.

Actividades sostibles

En relación a esta edición de 2024 do Outono Gastronómico, Xosé Merelles, referiuse ás novidades deste ano no que participan 77 establecementos de turismo rural, 31 dos cales ofertan a actividade Outono Plus, con propostas que van desde paseos a cabalo, descenso en canoa, sendeirismo, visitas culturais, e outras. Por provincias, A Coruña conta con 24 establecementos participantes; Lugo, con 23, e Ourense e Pontevedra con 15 establecementos cada un.

outono-gastronomico-en-turismo-rural-2024-a-proposta-da-xunta-de-galicia-para-impulsar-o-turismo-rural-fora-de-temporada
Pazo da Escola en Gondomar

 

Neste sentido, salientou ademais a variedade de propostas que poden elixir as persoas que queiran gozar desta experiencia desde o menú  Outono gastronómico cun custe de 37,50€/persoa; ou as que inclúen estadías na casa rural e oferta gastronómica como paquete Outono gastronómico por, 105€/persoa en cuarto individual e 165€/dúas persoas nun cuarto dobre; a fin de Semana Outono Gastronómico, 165€/persoa nun cuarto individual, e 260€/ dúas persoas en cuarto dobre; e a fin de Semana Familiar Outono Gastronómico, 310€/dous adultos con 1 neno ou nena nun cuarto dobre con cama supletoria, e 360€/dous adultos con dous nenos ou nenas en dous cuartos dobres.

Embaixadores do Outono Gastronómico

O director de Turismo de Galicia incidiu tamén na campaña de promoción que se vai facer nesta edición, na que se contará con ‘macro’ influencers, ‘micro’ influencers profesionais e non profesionais. Desde Turismo de Galicia realizarase unha convocatoria aberta de xente que queira promocionar Galicia, o seu turismo rural e en concreto a campaña do Outono Gastronómico 2024, “apelando ao seu orgullo por ser galego e o seu cariño por amosar Galicia”, que se converterán en Embaixadores e poderán gozar desta experiencia de turismo rural. Ademais, tamén se inclúen concursos nas redes de Turismo de Galicia dirixidos aos seguidores, nos que os premios serán fins de semana Outono Gastronómico.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Toda esta información e outra relativa ao Outono Gastronómico en Turismo Rural pódese descargar na web www.turismo.gal, onde figuran ademais, todos os establecementos participantes e os menús exclusivos de cada un.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.