spot_img
InicioBaixo MiñoOuro e prata para o Club de Remo do Miño Tui-Seta na...

Ouro e prata para o Club de Remo do Miño Tui-Seta na ‘Rowers Fest’ de Caminha

ouro-e-prata-club-remo-do-mino-tui-seta-na-rowers-fest-caminhaExpectaculares resultados do Club de Remo do Miño Tui-Seta na ‘Rowers Fest’, regata internacional de velocidade celebrada o pasado sábado na localidade portuguesa de Caminha, conseguindo unha medalla de ouro en 8+ absoluto e unha de prata no catro scull absoluto feminino.

O pasado sábado, celebrouse na localidade de Caminha (Portugal), a Rowers Fest, regata internacional de velocidade, que consiste en regatas de 500 metros con sistemas de eliminación, ata que quedan dous finalistas que disputarían a final.

O Club Remo do Miño Tui-Seta, participou con tres embarcacións, un catro Scull Absoluto Feminino formado por tres Cadetes e unha Xuvenil, que o fixeron francamente ben, xa que remaron a final contra as remeiras de casa, o Caminhense, e entrando en segunda posición de tras destas por soamente uns centímetros, conseguirían levar a medalla de prata. Tamén dous equipos de 8+ absolutos.

A tripulación de catro scull absoluto feminino, estaba formada por: Carlota González, Paula Prada, Adriana Pérez e María Maidana

Xa na regata reina, os remeiros do Tui-Seta, foron pasando eliminatoria tras eliminatoria, enfrontándose contra o Fluvial portuense, contra o Cerveira (dúas veces) e na final contra o equipo anfitrión, o Caminhense, gañando todas as eliminatorias e finalmente a gran final, proclamándose o vencedor da edición deste ano da Rowers Fest.

A tripulación estaba formada por: Jorge Andre Carvalho, David Prada, Francisco Javier Álvarez, Jesús González, Isaac Prada, Óscar Alonso, Damián Alonso, Cristian Fernández e como temoneiro Nadine Fernández.

A outra tripulación de oito, estaba formada por catro veteranos e catro remeiros xuvenís que debutaron este ano na competición e que lles veu moi ben para ir adquirindo experiencia na competición. Non lograron pasar das eliminatorias, pero fixeron unha gran regata, quedando a moi pouco de logralo.

A tripulación estaba formada por os veteranos Enrique Pena, Cándido Lago, Gerardo Díaz, Camilo Aval e os noveis Pablo Rodriguez, Salahedin Cherti, Santiago e Gabriel Oliveira, e como temoneiro Gonzalo Rodrigues.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.