spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoOurense acolle a exposición 'Castelao grafista (Facsímil)'

Ourense acolle a exposición ‘Castelao grafista (Facsímil)’

Ourense acolle a exposición 'Castelao grafista (Facsímil)'Na sede da Afundación Obra Social ABANCA da capital das Burgas, inaugurouse onte a exposición ‘Castelao grafista (facsímil)’

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, ‘Castelao grafista (facsímil)’ é unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao: textos, ilustracións, deseños, fotografías e publicacións

O obxectivo é facelo máis visible internacionalmente e establecer unha rede de bibliotecas nas que se poida consultar e estudar a súa obra.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, tamén se pode ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el.

A intención deste proxecto é divulgativa, amosando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes. Goza agora da exposición en Ourense até o mes de xullo.

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]