spot_img
InicioBaixo MiñoOs vinte alumnos que durante os seis últimos meses se formaron no...

Os vinte alumnos que durante os seis últimos meses se formaron no obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015” recibiron hoxe os seus diplomas

os-vinte-alumnos-que-durante-os-seis-ultimos-meses-se-formaron-no-obradoiro-de-emprego-descubre-tui-2015-recibiron-hoxe-os-seus-diplomas

A elaboración de material turístico promocional de Tui centrou a actividade do obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015”.

Os vinte alumnos que durante os seis últimos meses se formaron no obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015” recibiron hoxe os seus diplomas no acto de clausura desta iniciativa que contou cun orzamento de 200 mil euros, do que preto de 180 foron aportados pola Xunta de Galicia.

O salón de sesións da Casa do Concello acolleu este acto de clausura coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, os concelleiros Miguel Capón, José Ramón Magán, Yolanda Rodríguez e Mila González, e do xefe territorial de Economía, Ignacio Rial.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salientou a importancia deste obradoiro realizado nun ámbito estratéxico para Tui coma é do turismo, apuntando que este é un eixo fundamental e un piar básico no desenvolvemento económico do municipio, polo que dicía formar persoas neste ámbito é unha prioridade. Salientou ao tempo o rexedor tudense a relevancia que o Camiño Portugués, do que Tui é porta de entrada á Galicia, ten na cidade, agardando que se incremente o numero de peregrinos de xeito importante en dous ou tres anos.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, desexou que os obradoiros de emprego volvan contar no futuro cunha duración maior, chegando ata o ano. Salientou amais coma Tui nos últimos anos contou con tres obradoiros nos que se formaron 91 persoas e se investiron 700 mil euros. Salientou coma a experiencia formativa que hoxe se clausurou é innovadora no senso de que non realizou obra civil senón material promocional turístico.

A directora do obradoiro Ilda Mera, explicou o traballo realizado en cada un dos módulos formativos de “Promoción turística local e información ó visitante”, e “Deseño de produtos gráficos” que brindou aos alumnos participantes formación e experiencia nestes campos. Explicaba a directora coma dende o obradoiro recolleron e inventariaron a documentación turística da cidade para deseñar unha serie de folletos,  que veñen de ser editados e tamén unha guía de recursos turísticos do concello.  Así entre o material elaborado que saíu xa do prelo está un rueiro co sitios turísticos de interese, a relación de festas eventos anuais, información sobre a Catedral de Tui, a natureza na cidade, o Camiño de Santiago, ou os locais de restauración e hostalería. Todo este material vaise estrear precisamente esta semana na feira de turismo de Lisboa, BTL. Os alumnos do módulo de “Promoción turística local e información ó visitante” fixeron amais nos primeiros meses prácticas no Punto de Información ao visitante na Praza da Inmaculada, e todos recibiron formación sobre emprendemento.

- Publicidade -spot_img