spot_img
InicioBaixo MiñoOs viños da Denominación de Orixe Rías Baixas superaron os 250 premios...

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas superaron os 250 premios e eloxios en 2017

Os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas superan os 250 premios coa súa participación en concursos enolóxicos nacionais e internacionais. Suman en concreto 204 galardóns e 52 eloxios en 24 das citas establecidas no calendario oficial da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) ás que concorreron desde xaneiro adegas adscritas á denominación.

Do conxunto de galardóns, 50 son de categoría de ouro (dous deles con mención especial), 88 de prata e 66 de bronce. Os viños de Rías Baixas premiados corresponden na súa maioría á colleita de 2016, con 141. Este feito corrobora a calificación como ‘Excelente’ outorgada polo Consello Regulador á colleita do ano pasado, a máis alta que se pode conceder e que anteriormente se lograra en 1989, 2004 e 2007.

Á colleita 2015 corresponden outros 69 premios, mentres que sete son de 2014, dous de 2013, outros dous de 2012, catro de 2010 e incluso tres de 2008. Constátase así que os certames valoran cada vez máis a capacidade de garda dos viños Rías Baixas, unha das estratexias de futuro nas que está traballando a denominación. Unha trintena dos premios corresponden tamén a escumosos e elaboracións especiais, que contan cun recoñecemento cada vez maior neste tipo de concursos, acorde á súa presencia crecente nos mercados nacional e internacional.

Entre os mellores viños brancos do mundo

Así pois, os premios dos más prestixiosos concursos internacionais certifican o posicionamiento dos viños de Rías Baixas entre os mellores viños brancos do mundo. Como mostra, nos Bacchus 2017 acadaron once dos ouros, entre eles as dúas con mención especial, e dezesete pratas. Outros oito ouros proceden do Challenge International du Vin, o maior certame internacional de viño dos que se organizan en Francia, do que tamén chegaron dúas pratas e dous bronces.

O concurso que maior número de premios concedeu aos vinos da Denominación de Orixe Rías Baixas no que vai de ano é o Decanter World Wine Awards, con 79 premios (dous ouros, oito pratas, 31 bronces e 38 eloxios). Séguelle International Wine Challenge, de Gran Bretaña, con 62 premios (seis ouros, 22 pratas, vinte bronces e catorce eloxios). A conquista de novos mercados por parte da denominación tradúcese tamén na obtención de premios en concursos como o Sidney International Wine Competition, no que un Rías Baixas obtivo un ouro.

Fuente//D.O. Rías Baixas

- Publicidade -spot_img