spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs viños da D.O. Rías Baixas protagonizan unha cata maridaxe dirixida a...

Os viños da D.O. Rías Baixas protagonizan unha cata maridaxe dirixida a 30 prestixiosos catadores holandeses

os-vinos-da-d-o-rias-baixas-protagonizan-unha-cata-maridaxe-dirixida-a-30-prestixiosos-catadores-holandeses
Doce marcas de viño da Denominación de Orixe Rías Baixas protagonizaron unha cata maridaxe en BENELUX. A sesión formativa desenvolveuse no restaurante Cottontree Mer By Gert-Jan, na Haia, e estivo dirixida a un grupo de 30 profesionais do Nederlands Gilde van Sommeliers.

Incluído no Plan de Promoción do Consello Regulador en BENELUX, este segundo Terroir Tasting Rías Baixas foi impartido por Germán Muñoz, da empresa Terroir 34. A sesión centrouse, en primeiro lugar, en ofrecer as principais diferenzas entre as subzonas distinguidas dentro da denominación de orixe, a través dunha viaxe interactiva, para despois proceder a unha cata comentada.

Segundo indicou Germán Muñoz, “parte dos catadores asistentes non cataran os viños da Denominación de Orixe Rías Baixas con anterioridade, pero todos eles mostráronse gratamente sorprendidos e mostraron moito interese”. A xornada formativa na Haia concluíu cun xantar no que se presentaron diversos pratos, todos eles maridados coas marcas da Denominación de Orixe Rías Baixas presentes nesta iniciativa formativa.

O Nederlands Gilde van Sommeliers está considerado como o grupo máis influente de catadores do país e son moi coñecidos polo seu dinamismo e polo seu amplo interese en coñecer novas rexións e grandes viños. Entre os participantes nesta master class atopábanse profesionais que traballan para os principais restaurantes de prestixio de Holanda, moitos deles con ata 3 Estrelas Michelín, nos que poderán dar a coñecer os viños de Rías Baixas, sempre asociados coa máxima calidade.

Holanda, no ‘top five’ de exportacións

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas conta co seu propio Plan de Promoción en BENELUX, xa que estes países conforman un dos principais destinos dos viños de Rías Baixas no exterior. Actividades con profesionais, prescriptores, seminarios formativos escolas de hostalería e misións inversas centran as propostas promocionais en BENELUX para este ano 2016.

No caso concreto de Holanda, atópase no top five das exportacións dos viños de Rías Baixas. De feito, as cifras de vendas neste país incrementáronse notablemente nos últimos anos. De feito, entre os anos 2010 e 2014 rexistrouse un incremento de preto de 347% en volume, pasando de 61.841 a 276.534,25 litros exportados a terras holandesas.

 

- Publicidade -spot_img