spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaOs viaductos de Redondela, dúas obras extraordinarias da enxeñería do século XIX

Os viaductos de Redondela, dúas obras extraordinarias da enxeñería do século XIX

Dúas-obras-enxeñería-transporte-ferroviario-construidas-século XIX-viaductos-principais-sinais-identidade-RedondelaA punto de comezar unha nova etapa na historia dos viadutos de Redondela, compartimos a reportaxe que incluímos no primeiro número da nosa revista dedicado a este histórico municipio.

Símbolos da vila. No libro de historia “A corner of Spain”, escrito en 1910 por Walter Wood, hai unha eloxiosa referencia a Redondela, sobre a maxestuosidade da imaxe nocturna do conxunto da vila, obtida desde o alto dos seus viaductos. “Sería moi difícil pintar cousa máis bela e impresionante que a súa vista nocturna, tal como se aprecia dende calquera dos seus viaductos”.

Estes dous viadutos que presiden Redondela están declarados bens de interese cultural, mentres o viaducto de Madrid está en desuso, o de Pontevedra continúa operativo para o transporte ferroviario.

O máis antigo, o viaduto de Madrid, foi construído seguindo o modelo de Eiffel, por enxeñeiros da compañía gala Fives-Lille, con material traido desde Francia, combinado coa técnica da cantería tradicional para facer os piares de pedra.

Dúas-obras-enxeñería-transporte-ferroviario-construidas-século XIX-viaductos-principais-sinais-identidade-Redondela

Caracterizado polas súas múltiples celosías de ferro ao longo dos seus 255 metros de lonxitude, entrou en funcionamento o 30 de xullo de 1876, formando parte da liña Vigo-Ourense. Este viaducto soportou o paso dos trens durante máis dun século, a pesares de que a Compañía de Ferrocarris nunca aprobou as obras. Esto provocou o suicidio dun dos seus mentores polo restraso dos pagos, que valéndose dos 411 metros de altura do viaducto, lanzouse ao vacio nun acto de desesperación.

Foi obxecto dunha intervención de restauración e mantemento en 2004 por parte da Consellería de Cultura, incluindo a limpieza e saneamento da estrutura metálica e a toma de mostras para después sustituir as pezas cun alto grao de corrosión, protexendo elementos orixinais da ponte cun tratamento específico. En 2014 foi restaurado integramente.

Pola súa singularidade e características técnicas, ten sido obxecto de diversos estudos, como o desenvolvido en 2004 por Jose Manuel Lago, alumno da Escola Universitaria de Técnicos Industriais de Vigo, que realizou o seu proxecto de fin de carreira sobre este viaducto, demostrando o gran rigor co que se realizou a construción polos profesionais da época. O proxecto tamén contempla a proposta para adicar a estrutura e o seu entorno a fins turísticos e de lecer, como senda verde peatonal e mirador da vila.

O viaduto de Pontevedra sobrevoa o casco urbán de Redondela e foi inaugurado o 30 de xullo de 1884, ante a necesidade de comunicar a liña Ourense-Vigo con Santiago. O seu tramo principal está formado por vanos metálicos, con cantería granítica para os tramos de acceso.

Dúas-obras-enxeñería-transporte-ferroviario-construidas-século XIX-viaductos-principais-sinais-identidade-Redondela

Leva en activo un século e cuarto. A súa construción tiña por obxecto enlazar as cidades de Vigo e Santiago. Esta última contaba cunha liña ferroviaria inaugurada en 1873, que acababa en Vilagarcía, era o “Ferrocarril Compostelano da Infanta Dona Isabel” do que o pai de Valle Inclán era secretario do consello de administración e accionista. Posteriormente, cando se transformou na West Galician Railway Company, foi o seu xerente John Trulock, avó materno de Camilo José Cela.

A liña da West Galician acababa na estación de Redondela, onde conectaba coa de MZOV para chegar ata Vigo ou viaxar ata Madrid. Este viaducto servíu para salvar o último obstáculo na línea ferroviaria entre Redondela e Santiago, pertencente á West Galician Railway Company.

- Publicidade -spot_img