spot_img
InicioVal MiñorBaionaOs tres concellos do Val Miñor celebrarán o 5 de xuño a...

Os tres concellos do Val Miñor celebrarán o 5 de xuño a “Festa da Bicicleta” de maneira conxunta

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos este 17 de maio para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta'A 32 edición, que se festexa cada 17 de Maio, tivo que ser aprazada pola previsión de choiva. O evento mantense iguel e recupera o formato habitual pre-pandemia, finalizando a marcha  en Nigrán ao corresponderlle este ano a organización

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos finalmente este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional ‘Festa da Bicicleta’ que sempre reúne a centos de persoas e que non se puido celebrar no seu día, o 17 de Maio, ante a previsión de choiva. O evento permanece igual a como se expuxera inicialmente.

Revista COUSAS DE Nº13

Esta 32 edición recupera así o formato habitual pre-pandemia tras dous anos sen poder celebrarse conxuntamente. Nesta ocasión a marcha finalizará en Panxón ao corresponderlle a quenda da organización a Nigrán, quen contará con ‘Discamino’ como entidade invitada para abrir a súa marcha coas bicicletas adaptadas do consistorio. O obxectivo, un ano máis, é que sexa unha xornada festiva en toda a comarca para vivir con familia e amizades ao tempo que se promove o deporte e a socialización como hábitos saudables.

As inscricións e entrega de dorsais realizaranse nos respectivos puntos de saída de cada municipio con 40 minutos de antelación co único requirimento de ser maior de 7 anos, contar con bicicleta propia e levar casco.

Así, en Nigrán partirán ás 10:00 horas desde o Pavillón (rúa ), en Gondomar ás 10:45 horas na Praza Paradela e, en Baiona, tamén ás 10:45 horas desde a entrada do Parador. Todos os participantes disporán de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

A marcha de Nigrán acudirá a ‘recoller’ á de Gondomar percorrendo a estrada da costa (PO-325) para despois coincidir na rotonda da Ramallosa ca de Baiona e, desde alí, pedalear as tres xuntas tamén pola costa cara ao Pavillón de Panxón, onde rematará con sorteo de agasallos e avituallamento. Cada concello achegará unha bicicleta e 20 cascos para sortear entre os seus respectivos participantes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.