O alcalde de Nigrán, Juan González, entregou hoxe os diplomas de aproveitamento aos trece alumnos que acudiron ao curso de graffiti impartido dende o Concello de Nigrán en colaboración coa Deputación de Pontevedra no contexto do programa DepoRúarte.
Os asistentes puxeron en práctica os coñecementos adquiridos en 30 metros do muro perimetral do campo de San Pedro (Vilariño), ofrecendo agora unha imaxe renovada do mesmo.
Durante dúas semanas o alumnado, dirixido por un experto graffitero, recibiu coñecementos sobre a historia deste arte urbán, habilidades e destrezas básicas, ademais de exercitar o lado máis artístico e a creatividade. “Por un lado os asistentes poideron aprender algo máis sobre esta disciplina e, por outra banda, o Concello se beneficiou dos seus coñecementos ao contar agora cun campo municipal con unha imaxe máis alegre e colorista”, sinalou o alcalde, Juan González.




