spot_img
InicioVigo e áreaVigoOs socios do proxecto europeo Ecotours exploran nas Rías Baixas novos modelos...

Os socios do proxecto europeo Ecotours exploran nas Rías Baixas novos modelos de turismo sostible

os-socios-do-proxecto-europeo-ecotours-exploran-nas-rias-baixas-novos-modelos-de-turismo-sostibleOs socios do proxecto europeo Ecotours, financiado con 1, 3 millóns de euros e no que a Universidade de Vigo é única representante española, levan meses traballando no deseño de estratexias que permitan revitalizar zonas costeiras rurais de distintas áreas de Europa, entre elas Galicia, e convertelas en destinos turísticos circulares, ecolóxicos e sostibles.

Revista Cousas De Nº20

Esta semana 24 destas investigadoras e investigadores, provenientes de Italia, Hungría, Grecia, Chipre e Francia, realizaron unha visita de estudo a Vigo na que exerceu como anfitrión o grupo de investigación de Organización do Coñecemento, adscrito ao centro de investigación Ecobas.

Durante tres días -de mércores a venres-, combinaron as xuntanzas de traballo no edificio Redeiras con visitas a diferentes enclaves das Rías Baixas, “o que lles permitiu explorar a beleza natural e cultural da nosa rexión”, explica a profesora da Facultade de Comercio Pilar Muñoz Dueñas, coordinadora do proxecto na Universidade de Vigo, ao que engade que “houbo tamén a oportunidade de interactuar con empresas/start-ups de mobilidade sostible e discutir estratexias e solucións para un turismo máis ecolóxico”.

os-socios-do-proxecto-europeo-ecotours-exploran-nas-rias-baixas-novos-modelos-de-turismo-sostible

Entre outras temáticas, presentouse o denominado modelo Canvas, ideado para deseñar itinerarios locais, e abordouse o uso de enerxías limpas, transporte verde e prácticas ecolóxicas no turismo circular. “Para nós o fundamental é que os participantes queden coa idea de que o traballo en rede no ecosistema turístico é fundamental”, explica a coordinadora local do proxecto, ao engade que lle gustaría que todas as actividades que se están a levar a cabo redunden “nun aumento da convicción de que a sustentabilidade non só é unha necesidade, senón que pode converterse nun itinerario estratéxico para a súa actividade”.

Apoio individual adaptado ás empresas participantes

Ademais de Galicia, Ecotours tratará de pór sobre a mesa novas alternativas que melloren o valor empresarial da rexión de Sicilia, en Italia; Macedonia occidental, en Grecia; Córcega, en Francia; Nicosia, en Chipre, e o Condado de Csongrád-Csanád, en Hungría. Neste primeiro ano de andadura do proxecto xa se levaron a cabo visitas de estudo a Agrigento, Sicilia, o pasado mes de novembro, e a Nicosia, en Chipre, en xaneiro.

“O obxectivo destas visitas de estudo é promover a aprendizaxe entre iguais e o intercambio de boas prácticas entre países do sector turístico”, explica Muñoz, ao tempo que recalca que estas visitas facilitan o achegamento e a cooperación entre as PEMES turísticas e os axentes interesados. Recóllese información útil sobre as necesidades e peculiaridades dos participantes, “información que se empregará posteriormente para ofrecer apoio individual adaptado ás empresas participantes”, conclúe Múñoz.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.