spot_img
InicioBaixo MiñoOs remeiros tudenses Jesús González e David Prada, seleccionados para o Campionato...

Os remeiros tudenses Jesús González e David Prada, seleccionados para o Campionato de Europa

os-remeiros-tudenses-jesus-gonzalez-e-david-prada-seleccionados-para-o-campionato-de-europaOs remeiros do Club Remo do Miño-Seta, conseguen billete para remar no Campionato de Europa de remo olímpico que se celebra os días 26/28 de Maio na pista de Racice (República Checa) 

Despois das probas realizadas na pista da CEAR (Centro de Alto Rendemento) da cidade de Sevilla. Os remeiros tudenses pertencentes ao Club remo do Miño de Tui-Seta, remarán os días 26/28 de maio no campionato de Europa de remo Olímpico na pista de Racice (Republica Checa).

Unha gran alegría e obxectivo alcanzado para estes dous deportistas que despois de varias probas, conseguiron a súa clasificación.

Jesús González Álvarez remará na modalidade de Dobre Scull categoría peso lixeiro, xunto o seu compañeiro de equipo Patricio Vermellas, pertencente ao Club Labradores de Sevilla.

David Prada Fernández, remará en categoría individual, concretamente na modalidade de Skiff absoluto Masculino. Facía xa moitos anos que España non presentaba esta modalidade na categoría absoluta, que sen dúbida é un reto para David.

Despois do Campionato regresarán a Tui, pero non para descansar, xa que de inmediato terán o Campionato de España absoluto na cidade de Sevilla, onde se terán que preparar moi ben para tentar conseguir uns bos resultados. Algúns compañeiros que non participarán no Europeo, pero que están concentrados co equipo Nacional permanente, regresarán proximamente a casa para ir preparando os equipos, e á espera de que regrese o resto.

- Publicidade -spot_img