Inicio Pontevedra Os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro comezan a...

Os novos servizos de autobús interurbano ao hospital Álvaro Cunqueiro comezan a funcionar hoxe, garantindo o transporte público dende os concellos da área sanitaria de Vigo

 

novos-servizos-autobús-interurbano-hospital-Álvaro-Cunqueiro-comezan-funcionar-hoxe-garantindo-transporte-público-dende-concellos-área-sanitaria-VigoA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, autorizou a varias empresas de transporte para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta.

Esta ampliación de servizos permitirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar

Esta ampliación de servizos de autobús garantirá os desprazamentos ao complexo hospitalario dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar.

O Executivo autonómico autorizou a varias empresas para prestar novos servizos que amplíen a actual oferta

As empresas de transportes que prestarán estas concesións, ATSA, Ojea, Autoindustrial e Melytour, ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital.

As empresas que prestarán estas concesións ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co novo hospital

A Xunta de Galicia, mediante este tipo de accións, pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario.

A Xunta pretende fomentar a utilización do transporte público, así como mellorar a mobilidade dos cidadáns, facilitando neste caso a conexión dos citados municipios da área sanitaria de Vigo co complexo hospitalario

No seguinte cadro indícanse as empresas que prestan os novos servizos, os concellos beneficiados e as frecuencias diarias ao hospital.

CONCESIÓN

CONCELLOS ÁREA SANITARIA DE VIGO

FRECUENCIAS DIARIAS
ATSA (Automóviles de Tui)
Tui, A Guarda, O  Porriño, Mos
2
Ojea

Arbo, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos

3
Autoindustrial

A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos

1
Melytour

O Rosal, Tui, Tomiño, Gondomar

13 frecs. Todas as expedicións que van a Vigo excepto a que se desvía por Mosende.

-Fornelos-Tomiño-Gondomar-Hospital-Vigo : 1 ida e volta

-Gondomar-Hospital-Vigo E.A.: 6 idas e voltas

-Tomiño-Hospital-Vigo E.A.: 2 idas e 3 voltas

-Ponte Internacional-Tui-Hospital-Vigo E.A.: 1 ida e volta

-Couso-Gondomar–Hospital-Vigo E.A.: 3 idas e 4 voltas

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies