spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorOs hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no...

Os hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no seu menú

Os hostaleiros do Concello de Soutomaior incluirán o “Caldo de Gloria” no seu menúDez restaurantes do Concello sumaranse este luns á proposta da concellería de Comercio para celebrar o aniversario de Rosalía de Castro cunha homenaxe nos seus menús, o coñecido “Caldo de Gloria”.

A iniciativa consiste en ofertar este histórico prato cun acompañamento moi especial, os poemas de Rosalía escritos nos seus manteis e como adorno das súas mesas. A iniciativa, impulsada pola Fundación Rosalía de Castro, está inspirada no poema “ Miña casiña, meu lareira” do libro “ Follas Novas”. Nel, a poetisa relata, en voz dunha muller pobre, a épica diaria da supervivencia. Paso a paso, a muller explica como facer un “caldo de gloria” cos poucos recursos que pode conseguir. Unha receita humilde pero enche de significado social que agora serve como homenaxe á artista máis recoñecida da literatura galega.

Os hostaleiros que se unen á celebración son os restaurantes Avenida, Bodegón, A Casa do Muelle, Veiramar,  Recreo de Arcade, Quedamos, a Mariscaría Arcade, a churrasquería A Muxíca, a tapería A Lareira o Bar O Piñeiro e Casa Calvar.

Os interesados en gozar da iniciativa poden consultar os establecementos colaboradores de toda Galicia na web da Fundación Rosalía de Castro. Ademais estarán sinalizados cun cartel nas súas portas

- Publicidade -spot_img