spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs escolares do Concello Soutomaior visitan a exposición "Reptigalia"

Os escolares do Concello Soutomaior visitan a exposición “Reptigalia”

Os escolares do Concello Soutomaior visitan a exposición "Reptigalia"Máis de 1.000 persoas visitaron a mostra no primeiros catro días

Máis de 400 escolares do Concello de Soutomaior visitaron esta semana a exposición “Reptigalia”. A mostra, aloxada no Multiusos de Arcade, acolle máis de 30 exemplares vivos de escorpiones, tarántulas, ras tropicais, camaleones, dragones e serpes de diversas partes do mundo. Durante o primeiros catro días calcúlase que a exposición foi visitada por máis de 1.000 veciños de todas as idades.

 

Desta forma, o Multiusos de Arcade converteuse durante dúas semanas nun espazo científico e educativo que contou con exemplares de animais procedentes de todo o planeta expostos en terrarios que simulan o seu hábitat natural.

Cada un dos réptiles exhibidos acompáñase dunha ficha biolóxica, nome, clase, orde, familia, características morfológicas, orixe xeográfica…

escolares-Concello-Soutomaior-visitan-exposición-Reptigalia-Multiusos-Arcade

Os primeiros en visitar a exposición foron os máis de 300 alumnos de primaria do CPI Manuel Padín Truiteiro de Arcade. Despois de admirar aos exóticos animais, os pequenos, divididos en cursos, tiveron a ocasión de expor todas as súas preguntas ao experto que acompaña a exposición, Sito García.

A continuación foi a quenda dos alumnos de 5º e 6º de primaria do Colexio Apóstolo Santiago mentres que os seus compañeiros de 1º a 4º de primaria e os pequenos da Escola Infantil ?A Galiña Azul? gozarán da mostra a próxima semana.A exposición permanecerá aberta até o próximo 5 de febreiro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.