spot_img
InicioVigo e áreaVal MiñorOs equipos Élite e Sub-23 do Club Ciclista Rias Baixas preparan a...

Os equipos Élite e Sub-23 do Club Ciclista Rias Baixas preparan a tempada no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra

os-equipos-elite-e-sub-23-do-club-ciclista-rias-baixas-preparan-a-tempada-no-complexo-pontevedres

Os equipos Elite e Sub 23 do Club Ciclista Rías Baixas poñen fin este martes á súa concentración de pretemporada en Pontevedra. Durante cinco días os corredores do proxecto presidido por José Luis Chamorro realizaron os seus primeiros adestramentos conxuntos para a campaña 2016, utilizando as instalacións do Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra como cuartel xeral.

Nas últimas horas deste stage, os ciclistas e o corpo técnico do conxunto miñorano recibiron a visita de Chelo Bicada, deputada provincial de Deportes, acompañada por Enrique Pazos, director de actividades do Centro Príncipe Felipe, Juan González, alcalde de Nigrán, e José Luis Sanromán, concelleiro de deportes de Nigrán. As autoridades coñeceron de primeira como os corredores dirixidos por Marcos Serrano preparan a cuarta campaña deste club no pelotón amateur.

O plan de traballo nesta convivencia consistiu en rodar en bicicleta polas mañás e en recibir charlas sobre o funcionamento do equipo, aspectos técnicos e planificación de calendario polas tardes. Tamén se achegaron a estas instalacións Óscar García, doutor en Ciencias da Activididad Física e do Deporte da Universidade de Vigo,que aproveitou para testar e cadrar o traballo de pesas dos corredores, e Diego Fernández Redondo, responsable de CardioBaiona e cardiólogo do equipo.

No novo persoal mantéñense os membros máis destacados da pasada tempada aos que se sumaron tres incorporacións xa anunciadas e varios ciclistas que teñen previsto unirse a este proxecto para partir do próximo 1 de xaneiro.

Unha das principais novidades para a campaña 2016 será a participación do Club Ciclista Rías Baixas por primeira vez como equipo oficial na Copa de España, a competición máis prestixiosa no campo amateur estatal. Ademais, esta formación repetirá presenza en voltas con conxuntos profesionais.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.