Os alumnos gozaron de oito actividades deseñadas para fomentar o coñecemento do mar e a náutica, desde bautismos de vela ata talleres de cociña e visitas a embarcacións tradicionais
Más de 600 persoas, entre estudantes de cinco colexios de Vigo e membros de dúas asociacións locais, participaron nas xornadas educativas do Festival Azul 2024. Durante os días 24 e 25 de outubro, os estudantes gozaron dunha ampla variedade de actividades deseñadas para achegar aos mozos ao mar, promovendo o respecto pola contorna natural da Ría de Vigo e fomentando ao mesmo tempo o seu coñecemento sobre o patrimonio marítimo galego, como parte do compromiso do festival coa sustentabilidade.
Un total de 574 alumnos e alumnas, pertencentes aos colexios Atlántida, Ría de Vigo, Labor, A Dobrada e Andersen, xunto a 38 persoas das asociacións Provivienda e Casa Caridad de Vigo Hogar San José, foron os protagonistas destas xornadas.
O programa incluíu oito actividades orientadas á divulgación e concienciación ambiental, así como ao deporte náutico e á conexión coa tradición e os oficios do mar. Entre as experiencias ofrecidas, destacaron:
- – Bautismo de vela: moitos alumnos experimentaron a súa primeira toma de contacto coa navegación a vela, unha actividade que permitiu familiarizarse coas bases deste deporte náutico.
- – Taller de cetáceos: unha experiencia educativa onde os participantes aprenderon sobre a biodiversidade mariña local, en particular sobre os cetáceos que habitan nas augas galegas.
- – Visita ao observatorio submarino Nautilus: unha inmersión nas augas do porto de Vigo para poder coñecer de preto a contorna portuaria e a súa biodiversidade.
- – Visita ao Hidria Segundo: os estudantes visitaron o barco de vapor Hidria Segundo, descubrindo aspectos clave do patrimonio naval.
- – Cruceiro da Batalla de Rande: unha travesía pola Ría de Vigo, rememorando a histórica batalla naval que tivo lugar nas súas augas.
- – Cruceiro do Ciclo do Mexillón: un percorrido pola Ría para coñecer de primeira man o cultivo do mexillón e a súa relevancia na economía e gastronomía galega.

- – Visita a embarcacións tradicionais: un paseo polas embarcacións máis emblemáticas da tradición pesqueira galega, promovendo o valor dos oficios do mar.
- – Taller de cociña con produtos do mar: os alumnos aprenderon sobre a gastronomía local a través dun taller que destacou a importancia dos produtos do mar na cociña galega.
- – Taller de redeiras: unha actividade que permitiu aos mozos achegarse ao oficio tradicional das redeiras, mulleres dedicadas á reparación de redes de pesca.
O Festival Azul 2024, organizado pola Asociación Agrupación industrial Náutico Rías Baixas, consolidouse como un evento crave para poñer en valor a cultura e as tradicións marítimas da Ría de Vigo. Este ano, o festival representa unha evolución da coñecida Semana Azul, concentrando en catro días un extenso programa de actividades culturais, deportivas e turísticas.
Ademais das actividades educativas, este evento tamén ofrece un programa aberto ao público con deportes náuticos como a vela, o surf, o piragüismo e o pádel surf. Tamén inclúe roteiros turísticos pola Ría, showcookings con produtos locais, visitas a barcos históricos e talleres relacionados coa historia e a cultura marítima.




