spot_img
InicioPontevedra e ÁreaOs clubs de piragüismo e remo da provincia de Pontevedra, verán incrementado...

Os clubs de piragüismo e remo da provincia de Pontevedra, verán incrementado o apoio institucional co aumento do orzamento destinadfo a este deporte por a Deputación

Louzán e Begoña Estévez reúnense con representantes destas entidades deportivas para analizar a súa situación e as liñas de traballo para 2015

Os 42 clubs de remo e de piragüismo existentes na provincia de Pontevedra verán incrementado en 2015 o apoio institucional, ao aumentar a partida que a Deputación destina a estas entidades nos seus orzamentos do vindeiro ano, que serán aprobados inicialmente no pleno deste venres.

Así llo exporán esta tarde aos representantes dos clubs o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e a deputada Begoña Estévez, nun encontro organizado para analizar a situación deste deporte na provincia, as súas principais necesidades e as liñas de axuda coas que van poder contar por parte da Administración Provincial.

Neste sentido, ademais do aumento das partidas destinadas a axudas directas aos clubs e das subvencións para o financiamento de actividades e eventos, a Deputación traballa xa nun novo plan orientado a facilitar a adquisición de vehículos por parte de entidades deportivas e sociais.

No marco deste plan adquiriranse uns 30 vehículos que serán financiados entre Deputación, Citröen, clubs e unha entidade financeira.

De feito, moitos dos clubs de remo e piragüismo que participan na xuntanza dispoñen xa de furgonetas adquiridas no marco dalgún dos dous anteriores plans da Deputación, que sumaron un total de 96 vehículos conseguidos con apoio da Administración Provincial.

O encontro que hoxe se celebra forma parte da rolda de contactos con entidades sociais e deportivas que todos os anos mantén o presidente da Deputación, co obxectivo de abordar as cuestións que lle preocupan e analizar as súas prioridades e as posibilidades de colaboración.

Outro dos temas que se abordará na xuntanza é a boa marcha das escolas deportivas de piragüismo, creadas pola Deputación no curso 2012-2013 e que se teñen convertido xa nunha das máis demandadas da provincia. Así, na actualidade son máis de 850 nenos e nenas os que participan nestas escolas, só a superadas en números de alumnos polas de balonmán, o fútbol e a patinaxe.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.