Inicio Pontevedra Louriña Os bois de Puxeiros locen xa na rotonda do Alto

Os bois de Puxeiros locen xa na rotonda do Alto

Os bois de Puxeiros locen xa na rotonda do AltoO monumento, obra do escultor nado en Mos, Lucas Míguez, rende homenaxe ao histórico traballo destes animais na zona

O Concello de Mos ven de instalar unha escultura de 2 bois na rotonda do Alto de Puxeiros, na parroquia de Tameiga, obra do escultor Lucas Míguez.

A peza escultórica instalouse como recordo ao traballo que facían antigamente nesa zona, xa que historicamente Puxeiros era un lugar de intercambio e reforzo de parellas de bois que tiraban dos carros dende as comarcas veciñas. No lugar no que agora se atopa o monumento existía unha parada para reforzo de parellas de bois, tendo en conta a costa do Alto de Puxeiros, antes de continuar o viaxe a Vigo.

A rotonda do Alto de Puxeiros é unha zona urbana da parroquia de Tameiga do Concello de Mos, que se atopa sobre a Avenida de Puxeiros, de titularidade municipal.

A escultura está formada por dous bois de fundición en bronce con xugo de dimensións entre 170 cm – 180 cm.

O escultor

Olimpio Javier Míguez Mosquera (coñecido profesionalmente como Lucas Míguez), naceu o 22 de outubro de 1944 no Concello de Mos, estudou na Facultade de Belas Artes de Valencia, finalizando os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid. A maior parte do traballo escultórico de Lucas Míguez desenvólvese nos Estados Unidos de América, lugar no que desenvolveu a súa actividade profesional como director da multinacional Creative Ceramics Corporation, durante vinte e sete anos. Na actualidade reside en Galicia, aínda que continúa desprazándose con gran frecuencia aos Estados Unidos para deseñar bustos en bronce por encargo. Ao longo destes últimos anos Lucas Míguez desenvolveu importantes proxectos para Administracións públicas, entre eles cabe destacar a elaboración en bronce dos personaxes das obras do escritor Valle-Inclán (Max Estrela, Don Latino, Mari- Gaila, O Marqués de Bradomín, O Príncipe Verdemar, Luceiro) situados no concello de Vilanova de Arousa; ou a escultura homenaxe á xente do mar, denominada “as mans do mar de Arousa”, e que se atopa situada no Concello da Illa de Arousa. Todas estas obras foron inauguradas durante o ano 2007, anualidade na que tamén levou a cabo o modelado dunha importante escultura dedicada ao escritor Julio Camba (ao 150% do seu tamaño orixinal), que o ano seguinte sería fundida en bronce e colocada nos xardíns do municipio Vilanovés.

No ano 2009, para conmemorar o 50 aniversario da morte do poeta Ramón Cabanillas, Lucas Míguez tamén esculpiu unha escultura en bronce, a tamaño real, deste escritor. No ano 2011 elaborou a escultura bronce do artista cambadés Francisco Asorey para conmemorar o 50 aniversario do seu falecemento en Cambados. Neste ano tamén realizou a escultura (tamén en bronce) de “Floreano” no Grove.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies