Inicio Galicia Compostela A restauración do Pórtico da Gloria galardoado co Premio de Patrimonio Europeo/Premio...

A restauración do Pórtico da Gloria galardoado co Premio de Patrimonio Europeo/Premio Europa Nostra 2019

https://youtu.be/t_eenxHnEL8
Foto/Fundación Barrié de la Maza

O Proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e a súa contorna foi galardoado co Premio de Patrimonio Europeo/Premio Europa Nostra 2019 na Categoría de Conservación.

O xurado eloxiou este proxecto como un “exemplo moi salientable de conservación e coidadosa recuperación de escultura en pedra policromada nunha obra de fundamental importancia na Escultura románica”.

En palabras de José María Arias Mosquera, Presidente da Fundación Barrié “con este proxecto a Fundación Barrié reafirma o seu histórico e sólido compromiso co Patrimonio de Galicia, tanto material como inmaterial, desenvolvendo e apoiando iniciativas encamiñadas á súa posta en valor e conservación. O proxecto súmase a outros tan relevantes como a catalogación arqueolóxica e artística de Galicia; a recuperación do coro pétreo do Mestre Mateo; a reprodución en madeira dos instrumentos do Pórtico ou a publicación dos Cancioneiros”.

Os premios Europa Nostra promoven as mellores prácticas relacionadas coa conservación do patrimonio, a xestión, a investigación, a educación e a comunicación. Deste xeito, o programa de premios contribúe a un meirande recoñecemento público do patrimonio cultural como un recurso estratéxico para a sociedade e a economía de Europa.

Estou moi orgulloso de felicitar a todos os gañadores dos Premios de Patrimonio Europeo/Premios Europa Nostra 2019. Estes heroes do patrimonio – profesionais e voluntarios de toda Europa- acadaron algo realmente asombroso. O seu traballo para restaurar, preservar, apoiar ou promocionar os monumentos e sitios do patrimonio europeo, así como o patrimonio intanxible de Europa, é dunha altísima calidade. Estes Premios son unha proba do tremendo impacto que teñen os proxectos de patrimonio na nosa economía, a nosa contorna, a nosa cultura e a nosa calidade de vida. O patrimonio europeo é un activo chave para o futuro de Europa e da nosa prosperidade. Esta é unha mensaxe importante para toda a cidadanía da Unión Europea  e para os futuros líderes das institucións da Unión Europea que serán elixidos nas vindeiras eleccións europeas”, sinalou Plácido Domingo, Presidente de Europa Nostra.

Saber máis: A Fundación Barrié e a Fundación Catedral de Santiago presentan o Pórtico da Gloria tras a sús restauración

Un proxecto de investigación e multidisciplinar baseado no rigor e na excelencia

Desde o seu inicio púxose especial énfase na investigación e na transversalidade, contando con especialistas de todos os campos e poñendo en práctica as cartas de protocolo dos organismos internacionais como ICOMOS, ICCROM, ICOM que velan pola excelencia e as boas prácticas nas intervencións.

Tamén supuxo unha oportunidade de excepción para profundar no coñecemento desta obra e da arte románica en xeral, así como nos procesos de deterioración que afectan aos conxuntos de pedra policromada, poñendo a punto criterios de intervención e metodoloxías de traballo que unha vez sistematizados poderán servir de modelo para outras actuacións.

O proceso de restauración desenvolveuse en varias fases, iniciándose no ano 2009 os estudos e diagnóstico que permitiron a redacción dunha proposta de intervención. En 2015 completouse a montaxe da estada para poder acceder a todos os relevos do nártex, abordando a intervención directa sobre os materiais.

Desde o seu inicio o proxecto apostou pola investigación e a súa duración no tempo permitiu atraer numerosos especialistas nacionais e internacionais de todas as disciplinas, que achegaron a súa experiencia para profundar no coñecemento de diversos aspectos como as diferentes etapas construtivas, as transformacións do espazo, o seu uso, significación, programa iconográfico, os materiais empregados para a talla, as técnicas decorativas utilizadas para o policromado e a adaptación da súa estética a través dos séculos.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies