spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaOrpagu pon en marcha unha operación por valor de 4 millóns de...

Orpagu pon en marcha unha operación por valor de 4 millóns de euros para axilizar os créditos ICO aos seus asociados

Orpagu pon en marcha unha operación por valor de 4 millóns de euros para axilizar os créditos ICO aos seus asociadosA frota palangreira da Guarda sofre os efectos dunha caída de prezos e unha baixada da demanda, xa que parte importante da súa clientela son os establecementos de hostalería de España e Italia

Tras varios días de negociación, a Organización de Palangreiros da Guarda ( Orpagu) chegou a un acordo con Abanca, entidade coa que colabora regularmente, para que esta facilite os trámites dos préstamos ICO e resto de instrumentos financeiros aos seus asociados. O obxectivo é que a vintena de armadores que xa iniciaron as xestións por acollerse a estes créditos poida dispoñer da liquidez para manter as súas empresas e traballadores mentres duren os efectos da pandemia provocada polo COVID-19.

A Organización de Palangreiros Guardeses acordou con Abanca, a súa entidade financeira de referencia, simplificar os trámites para que os seus asociados dispoñan de liquidez.

O montante total da operación ascende a catro millóns de euros, cun importe por empresa duns 280.000 euros de media. O obxectivo da organización que preside Joaquín Cadilla é axilizar ao máximo a chegada deste diñeiro aos empresarios, que están a vivir unha situación difícil, xa que, aínda que seguen traballando, deben facer fronte a unha caída nos prezos dos seus produtos e a unha importante baixada da demanda. Non en van, os principais clientes da frota de Orpagu son o sector da hostalería e o turismo de España e Italia, os dous países máis afectados en Europa pola crise sanitaria. Unha circunstancia que obrigou aos armadores a estocar o seu produto á espera dun repunte do consumo, coa lóxica baixada de ingresos que isto conleva, así como o custo de manter o peixe refrixerado con todas as garantías.

Dos seus 36 barcos de bandeira española, unha vintena xa se acolleron a estes créditos, que o ICO avala nun 80%.

A actividade pesqueira, recoñecida polo Goberno español como esencial para proporcionar á poboación unha alimentación de calidade, mantense estes días por parte dos asociados de Orpagu, a pesar de todos os condicionantes. Por esta razón, desde a organización con sede na Guarda levan traballando desde o primeiro día -primeiro coa Administración española e comunitaria e despois coas entidades financeiras- para conseguir para os seus asociados o financiamento que necesitan para cubrir as súas necesidades de liquidez e que esta chegue de forma rápida.

* Minimis. Son axudas concedidas polos estados membros da Unión Europea a empresas, en principio por un importe inferior a 200.000 €, cuxos efectos sobre a competencia son limitados e, por iso, non existe a obrigación de comunicar á Comisión Europea con carácter previo á súa concesión.

Os créditos conseguidos contan co aval do ICO ata o 80% e corresponden aos ” minimis*” (Regulamento 1407/2013), axudas establecidas pola Unión Europea para o sector pesqueiro, cuxo criterio se modificou recentemente para que os profesionais do mar poidan acollerse ás mesmas durante esta pandemia.

Desde Orpagu seguen traballando en colaboración coas administracións para poñer en marcha diferentes medidas encamiñadas a garantir o traballo dos seus asociados para que, á súa vez, estes poidan fornecer alimentos á poboación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.