Inicio Baixo Miño A Guarda Orpagu demanda un protocolo adecuado para o desembarco da tripulación tras un...

Orpagu demanda un protocolo adecuado para o desembarco da tripulación tras un positivo a bordo

'Coñece Vigo', nove rutas que afondan na historia da cidadeAos traballadores do ” Ribel Tercero”, que compartiron actividade cun caso xa confirmado de COVID-19, non se lles fixo ningún test á súa chegada hoxe a porto a pesar de pasar máis de quince días co compañeiro que deu positivo e que foi evacuado.

O ” Ribel Tercero”, palangreiro pertencente a Orpagu, volveu esta mañá de sábado día 11 ao porto de Vigo tras precipitar o seu regreso polo xa confirmado positivo por COVID-19 dun dos seus tripulantes, evacuado polo buque-hospital Esperanza do Mar e hospitalizado desde onte venres en Povisa, en Vigo.

A tripulación, composta por nove homes, atracou esta mañá no porto vigués, unha información que fora comunicada previamente ás administracións por parte da casa armadora e pola propia Organización de Palangreiros Guardeses, como parte da política de cooperación e información que mantiveron desde as primeiras sospeitas dun positivo por coronavirus no barco. Unha vez en porto, os traballadores, acompañados polo armador, mantivéronse á espera do despregamento dun protocolo preventivo, dado o positivo confirmado polo compañeiro co que compartiron espazo durante máis de quince días.

Unha espera que resultou infrutuosa #ante a sorpresa dos mariñeiros, que esperaban algunha medida que evitase a súa volta a casa xunto ás súas familias antes de coñecer se son ou non positivos. O propio armador acabou xestionando en vehículos privados o traslado dos tripulantes, que pasarán a corentena nos seus fogares. Cos mariñeiros xa recluídos nas súas casas e tratando de tomar, por propia iniciativa, medidas de seguridade, respondeuse os requirimentos de Orpagu e armadora e finalmente realizaranse os test que, en boa lóxica, deberían levarse a cabo no momento da chegada a porto.

A situación vivida co “ Ribel Tercero” pon de manifesto a imperiosa necesidade dun protocolo de actuación para este tipo de casos. A Organización de Palangreiros Guardeses lamenta a falta de medidas para atender un suceso que sen dúbida se repetirá. Así mesmo, sinala a contradición de que se lles recoñeza como actividade esencial para garantir á poboación unha alimentación de calidade, extremo confirmado publicamente polo ministro Luís Planas, e a indefensión coa que se atopan á hora de realizar o traballo sen as medidas de seguridade pertinentes.

Máis aló da actuación no caso dun positivo, os palangreiros guardeses, como xa fixeron diversas organizacións pesqueiras, demanda que se fagan as probas a todos os mariñeiros antes de embarcar para evitar situacións como a que se viviu a bordo do ” Ribel Terceiro”, co risco, dado o espazo limitado dun barco, de contaxio entre os traballadores. Por outra banda, o luns 13 de abril procederase á desinfección do barco a cargo dunha empresa homologada.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies