Inicio Baixo Miño Oito vídeos permiten revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada...

Oito vídeos permiten revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio histórico de Oia

Nova oportunidade para descubrir as “historias non escritas" de Oia, desta vez con visitas guiadas ao ArrabalOs vídeos están dispoñibles na canle de Youtube do Concello de Oia e a través dos códigos QR das placas de información turística do barrio histórico

Un total de 8 pezas audiovisuais permitirán revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio do Arrabal que foi realizada no marco da iniciativa 6×6 punto de encontro, O Arrabal. O proxecto está organizado polo Concello de Oia e cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo.

Os vídeos poden visualizarse a través da canle de Youtube do Concello de Oia e tamén están dispoñibles nos códigos QR das placas de información turística instaladas en puntos de interese patrimonial do Arrabal, polo cal pasa o Camiño Portugués da Costa. Deste xeito, as persoas que visitan o barrio histórico oiense poderán contemplar os vídeos no mesmo lugar onde foron representadas as pezas dramáticas, coñecendo diferentes historias e personaxes presentes na cultura local.

Este material audiovisual pretende recoller os resultados do obradoiro de teatro veciñal desenvolvido entre os meses de febreiro e maio, concretamente da xornada de representación celebrada o 2 de xuño, a cal incluíu unha variada programación lúdico-cultural baixo o título 6×6 punto de encontro O Arrabal, historias non escritas.

Veciñas e veciños de Oia protagonizan unha visita dramatizada ao Arrabal

En total, foron elaborados 8 vídeos: un vídeo-resumo das actividades da xornada do 2 de xuño (visita dramatizada, exposición, postos de artesanía, música nas rúas, espectáculo infantil, etc.) e outros 7 específicos da visita, un por cada unha das pezas dramáticas representadas:

-Vídeo resumo:  6×6 punto de encontro O Arrabal, historias non escritas

-Peza 1: As lavandeiras

-Peza 2: Jesús, o Monte

Peza 3: As choronas

-Peza 4: A Picota

-Peza 5: As cornetadas

-Peza 6: Castellanos de Castilla

-Peza 7: As pantasmas do Mosteiro

A elaboración e difusión das citadas pezas audiovisuais busca concienciar e sensibilizar sobre a riqueza cultural, natural e humana do Camiño da Costa ao seu paso por Oia e comunicar e difundir o patrimonio  da zona a través dunha clara aposta polas fórmulas innovadoras, que fomenten a participación social. Así mesmo, pretende asociar a imaxe de Oia como enclave estratéxico no Camiño da Costa e como destino turístico cunha oferta singular nos eidos cultural e de natureza.

Proxecto

Estes vídeos forman parte do proxecto que, baixo o título global 6×6 punto de encontro O Arrabal, historias non escritas, desenvolveu ao longo dos últimos meses unha serie de actividades lúdico-culturais vinculadas ao patrimonio, a participación social e a promoción de artistas emerxentes.

Este proxecto incluíu a celebración dun obradoiro veciñal de teatro, unha programación lúdico-cultural celebrada o día 2 de xuño (que incluíu unha visita dramatizada a cargo do antedito obradoiro veciñal), una exposición, un ciclo de visitas guiadas, a edición dos vídeos e dunha publicación escrita na que se recolle todo o proceso de reflexión veciñal arredor do patrimonio local.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies