spot_img
InicioBaixo MiñoOia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias...

Oia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias de Burgueira e Loureza

Unha ruta de sendeirismo unirá as parroquias de Burgueira e Loureza no municipio de Oia
Pozo do Arco

Terá un percorrido circular de 12,5km, pasando por puntos de interese patrimonial e paisaxístico

O Concello de Oia vén de crear unha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km e dificultade moderada (350 metros de desnivel positivo) que une diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

Tendo en conta a proximidade da Semana Santa, esta actuación convértese nunha nova opción de turismo activo e lecer en Oia, especialmente indicada para as persoas amantes das actividades ao aire libre que, ao mesmo tempo, queren gozar coa paisaxe e descubrir a riqueza patrimonial do municipio.

O novo itinerario entre Loureza e Burgueira une diversos espazos naturais e de lecer nas inmediacións do río Tamuxe, elementos do patrimonio cultural local e puntos desde os que gozar de vistas ao val do Tamuxe e á desembocadura do río Miño no océano Atlántico.

Entre os principais puntos de interese atópanse as pozas de Bugalleira e Loureza, a área de lecer de Pozo do Arco, os núcleos de Loureza, Refoxos e Burgueira, as igrexas de Loureza e Burgueira e diversos elementos etnográficos tales como muíños hidráulicos, pontes e cruceiros, entre outros.

Ruta sinalizada e descargable

A ruta está sinalizada mediante paneis interpretativos, balizas e frechas, de forma que se pode percorrer sinxelamente de xeito autoguiado. Ademais, baixo o nome “Sendeiro Burgueira Loureza”, está dispoñible para a súa consulta e descarga no perfil de Wikiloc do Concello: Sendas de Oia.

A iniciativa contou cun orzamento total de 24.177,94 euros (IVE incluído). Deste total, 20.000 euros foron financiados a través dun convenio de cooperación entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mentres que a cantidade restante foi asumida con fondos propios municipais.

Para o trazado da ruta aproveitáronse espazos, camiños e pistas xa existentes e en bo estado de mantemento: algúns de titularidade municipal e outros, a través da colaboración coas comunidades veciñais de montes de Loureza e Burgueira, de propiedade comunal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.