spot_img
InicioBaixo MiñoOia organiza un obradoiro vecinal para revalorizar e difundir o seu patrimonio

Oia organiza un obradoiro vecinal para revalorizar e difundir o seu patrimonio

Oia organiza un obradoiro vecinal para revalorizar e difundir o seu patrimonio

OO Concello de Oia organiza a segunda edición do obradoiro de teatro veciñal para difundir e revalorizar o patrimonio local. A iniciativa é gratuíta e desenvolverase a partir do 1 de febreiro baixo o título “6×6. Punto de Encontro. O Arrabal”.

A actividade será impartida por A Artística Teatro & Danza os venres de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cultural de Pedornes. Comezará o 1 de febreiro e se desenvolverá ata principios de xuño.

A representación final terá lugar no aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) do Mosteiro de Oia, que se celebrará os días 2 e 3 de xuño.

O prazo de inscrición está aberto ata o 24 de xaneiro. As prazas son limitadas.

Éxito da primeira edición

Tras a boa acollida da primeira edición (cunha trintena de persoas inscritas de todas as idades), o éxito de público asistente á visita dramatizada polo Arrabal organizada dentro do obradoiro e a calidade interpretativa acadada polos participantes, o Concello de Oia decidiu convocar unha nova edición.

En canto aos obxectivos relacionados co patrimonio, esta iniciativa revelouse como unha boa ferramenta á hora de revalorizar o patrimonio local, aumentar a conciencia veciñal arredor del e dinamizar o turismo baseado nos valores culturais.

A Artística Teatro & Danza, responsable artística da primeira edición (desenvolvida baixo o título “6×6. Punto de Encontro. Costa dos Castros”) estará de novo á fronte deste obradoiro. O seu proxecto, enmarcado dentro das artes escénicas, dedícase á formación, promoción, creación, investigación e experimentación do teatro e a danza contemporáneas.

- Publicidade -spot_img