spot_img
InicioBaixo MiñoOia encherase de música tradicional este domingo co XXX Encontro dos Pobos

Oia encherase de música tradicional este domingo co XXX Encontro dos Pobos

oia-encherase-de-musica-tradicional-este-domingo-co-xxx-encontro-dos-pobosO festival de música tradicional Encontro dos Pobos, que cada ano organiza a agrupación musical Do Lusco ó Fusco en diversos municipios do Baixo Miño, chega este ano á súa edición número XXX. Ao igual que en anteriores ocasións, Oia acollerá parte da programación, cun concerto que reunirá a formacións da comarca e de Euskadi.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Despois de pasar polas localidades de A Guarda, O Rosal e Tomiño, o Encontro dos Pobos chegará a Oia o domingo 27 de xullo cun concerto que se desenvolverá ás 20.00 horas na Praza Centinela. Contará coa participación dos grupos Tra-lo Mosteiro (Oia), Do Lusco ó Fusco (A Guarda) e Itxas-Alde (Euskal Herria).

Con este festival, dirixido tanto ao público local como a visitantes que pasan estes días pola zona, o barrio histórico de Oia converterase en escenario de intercambio cultural a través da música tradicional de diversos territorios.

O Concello de Oia informa de que, debido aos concertos do Encontro dos Pobos, a Praza Centinela permanecerá cortada ao tráfico o domingo entre as 19.00 e as 22.00 horas, aproximadamente.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.