spot_img
InicioBaixo MiñoOia celebra este domingo o tradicional curro das moscas de Torroña

Oia celebra este domingo o tradicional curro das moscas de Torroña

Oia celebra este domingo o tradicional curro das moscas de TorroñaEste domingo día 6 de agosto celebrarase o tradicional curro das moscas de Torroña, que este ano prevé reunir arredor de 600 bestas e cerca de 200 poldros.

Revista COUSAS DE Nº18

Desde as 9.00 horas comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Torroña (parroquia de Burgueira), a onde chegarán sobre as 11.30 ou 12.00 horas. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, desenvolveranse a actividade de desparasitado dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

Despois dos curros que se celebran na primavera, onde se rapan, marchan e desparasitan os animais, no verán celébranse os curros das moscas para un reforzo do desparasitado.

A xornada, que como todos os anos será gratuíta para o público asistente, transcorrerá co tradicional ambiente festivo que a caracteriza. A seguinte cita no calendario será o domingo 13 de agosto en Mougás.

Avisos

En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que non está permitido acampar. As autoridades realizarán accións de vixilancia en días previos a fin de evitar este tipo de actividades non autorizadas.

Finalmente, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e zonas especialmente sensibles, así como de manter a contorna libre de lixo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.