A partir deste xoves 21 de maio, é obrigatorio o uso de máscara para sair a rúa, de todas as persoas dende os seis anos de idade e durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
ONDE? na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha DISTANCIA DE SEGURIDADE INTERPERSOAL de mínimo 2 metros.
QUE TIPO DE MÁSCARA? calquera, preferentemente hixiénica e cirúrxica; SEMPRE que cubra nariz e boca.
PERSOAS OBRIGADAS? de 6 anos en diante.
EXCEPCIÓNS:
– Persoas con dificultade respiratoria agravada polo seu uso.
– Uso contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que presenten discapacidade ou dependencia que faga inviable o seu uso.
– Actividades que pola súa natureza sexan incompatibles.
– Causas de forza maior ou situación de necesidade.
Máis información: www.boe.es/diario



