Inicio Baixo Miño A Guarda Alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño reclaman que se abran as fronteiras...

Alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño reclaman que se abran as fronteiras con todos os medios de control e seguridade

Alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño reclaman que se abran as fronteiras con todos os medios de control e seguridadeAvogan por unha apertura para traballadoras e traballadores transfronteirizos que axude a paliar a situación que están a vivir nestes momentos, con grandes colas e longos percorridos para poder acudir cada día ao seu posto

As alcaldesas e alcaldes do Rosal, Tomiño, Tui e A Guarda mantiveron unha nova reunión virtual esta semana no marco da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño para analizar o efecto que ten nestes catro municipios o peche das fronteiras entre España e Portugal, concellos cun alto número de traballadoras e traballadores que cada día deben cruzar o Miño para acudir ao seu posto no país veciño. Por este motivo, as rexedoras e rexedores da Mancomunidade reclaman a apertura de novos pasos fronteirizos para as e os empregados como medida de alivio, permanecendo pechadas á libre circulación de persoas.

Avogan por esta medida como unha mellora das condicións de todos aqueles traballadores e traballadoras que sofren por partida dobre a pandemia ao vivir e traballar nun dos territorios transfronteirizos máis interrelacionados e economicamente máis dinámicos de toda Europa, xa que asume o 49% de todos os tránsitos de vehículos e persoas entre España e Portugal.

A situación actual que están a vivir moitos veciños e veciñas é complicada, con longas colas para poder cruzar a fronteira cada día e con percorridos de máis de 60 quilómetros entre ida e volta para poder chegar as empresas ou polígonos que antes do estado de alarma e emerxencia en España e Portugal estaban a escasa distancia dos seus domicilios. Incremento de molestias, tempo de desprazamento e tamén custes que “en moitos casos son inasumibles cuns salarios que en moitos casos son baixos”.

As alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade están convencidos da necesidade de abrir novos pasos fronteirizos a traballadores e traballadoras, aínda que sempre baixo os máis estritos medios de control e seguridade, mantendo o operativo que xa se está a desenvolver no paso de Tui-Valença dende o inicio da crise sanitaria, “garantindo así a seguridade da poboación e evitando un paso atrás que nos leve de novo a medidas de confinamento”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies