spot_img
InicioBaixo MiñoO XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián volve encher de...

O XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián volve encher de son o Espazo Fortaleza

o-xxvii-encontro-de-bandas-de-musica-de-goian-volve-encher-de-son-o-espazo-fortalezaSerá o 19 de xullo coa Agrupación Musical de Goián como anfitrioa e coa Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia como convidada

Revista Cousas De Nº22

O Espazo Fortaleza de Goián prepárase para ser escenario do XXVII Encontro de Bandas de Música de Goián. Será este venres 19 de xullo ás 21.00 horas, unha xornada na que as persoas asistentes poderán desfrutar do solpor amenizado con música ao aire libre nunha fermosa contorna á beira do río Miño.

O evento, que forma parte do programa Son&Serán do Concello, está deseñado para todos os públicos e será de balde, converténdose nunha oportunidade única para que veciñanza e visitantes poidan gozar da riqueza musical das bandas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Nesta ocasión, a banda anfitrioa, a Agrupación Musical de Goián, recibirá como convidada á Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia para ofrecer un repertorio variado e emocionante.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.