Victor Villadóniga, xogador do equipo Junior do CB Nigrán foi uns dos nomeados como mellor deportista na disciplina de baloncesto para a gala do deporte que se celebrará o vindeiro sábado en Góndomar.
Víctor iniciou a súa vida como xogador de Basket na escolas deportivas de Góndomar para continuar despois no CB Airexa en categoría alevìn baixo a dirección de Nuria Gómez como adestradora .
Hai dous anos, momento no que Nuria decidiu abandonar o Airexa para levar a Dirección Deportiva do CB Nigrán , Victor tomò a decisión de irse con ela formando parte desde entón do persoal do equipo Junior do club co número 8.
Este mozo forma parte dun nutrido grupo de xogadores de baloncesto de Góndomar que xogan no CB NIGRÁN, localidade coa que o club mantén unha excelente relación deportiva e na que Nuria Gómez dirixe as escolas deportivas de baloncesto., onde diferentes nenos e nenas da localidade inícianse neste deporte tendo ademais a oportunidade de participar en todos os torneos e eventos que organiza o CB Nigran, como foi no último Torneo Bastet sen Barreiras onde , tanto o equipo baby como o alevìn de Góndomar realizaron un magnífico traballo.
Os responsables do CB Nigrán acompañarán o sábado a Victor e á súa familia nun acto tan especial para este xogador e tan importante para o Club, que Victor fose nomeado xunto a dúas importantes figuras do baloncesto como Samuel Rodriguez e Bernabé Costas ,que formò parte da selección Española de Baloncesto en cadeira de rodas ,dan testemuña diso.




