Persoal técnico dos 14 municipios reuníronse este mércores en Mos para elaborar un documento inicial, con 20 accións de partida
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúa a dar pasos cara a un turismo sostible. Persoal técnico dos 14 municipios que integran o xeodestino reuníronse este mércores en Mos para comezar a deseñar o seu Plan de Sostibilidade Turística en Destino, co que presentar a súa candidatura ao programa do mesmo nome posto en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para impulsar a transformación do territorio baseándose nun produto turístico sustentable e que será financiado con fondos europeos Next Generation.
O encontro rematou cun documento inicial de traballo no que se parten de 20 accións coa enogastronomía como fío condutor que a partir de agora se analizarán en detalle para decidir aquelas accións definitivas que se trasladarán ao Plan.
Para a elaboración da candidatura, o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño puxo en marcha un proceso participativo con dinámicas de grupo cos axentes implicados, pero tamén unha enquisa dirixida a todos os grupos de interese relacionados co sector turístico dos 14 concellos do territorio. Un breve cuestionario en liña co que recoller opinións e suxestións que permitirán modelar a folla de ruta coa que concorrer ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino e no que se pide valorar dende eixes prioritarios e tipoloxías de turismo máis axeitadas para o Xeodestino ata facer unha avaliación do grao de desenvolvemento turístico no territorio ou achegar propostas de acción.
As técnicas e técnicos municipais durante a reunión fixeron unha recompilación e análise das respostas recibidas ata o momento e acordaron ampliar o prazo de participación ata o vindeiro martes 5 de abril.
Á marxe do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, durante o encontro o persoal técnico analizou tamén as accións que se teñen previsto executar ao longo deste ano ao abeiro do convenio de colaboración entre o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e Turismo de Galicia e que teñen como obxectivo principal presentar este destino fóra do territorio e traballar de forma activa coas empresas do sector turístico.
A mesa de traballo do Plan de Sostibilidade Turística en Destino do Xeodestino volverá reunirse o vindeiro mércores 6 de abril para segu