spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaO Xeodestino Condado Paradanta fai unha aposta polo turismo deportivo

O Xeodestino Condado Paradanta fai unha aposta polo turismo deportivo

O Xeodestino Condado Paradanta fai unha aposta polo turismo deportivoO Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta vén de presentar o Xeodestino Condado Paradanta na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se está a celebrar en Madrid. Trátase do terceiro ano que esta agrupación está presente no stand de Galicia.

Nesta ocasión dende o GDR apostouse polo turismo deportivo, presentado o centro de BTT e o circuíto de trail, sen descoidar tampouco e facendo mención á oferta gastronómica e ás festas de interese turístico coas que conta o territorio, ademais de dar a coñecer o recentemente lanzado Pasaporte ao Condado Paradanta, un novo produto turístico, singular é unico en Galicia que permite aos seus usuarios acceder a unha coidada selección de 24 propostas exclusivas en empresas turísticas da zona.

O xornalista Terio Carrera e a que foi campioa de España de BTT, Eva Castro, foron os embaixadores da comarca en Madrid, encargados de presentar o territorio nesta feira

E para remarcar esa aposta polo turismo deportivo, quen mellor que dous persoeiros destacados do sector para ser embaixadores do Xeodestino Condado Paradanta en Madrid. O xornalistas Terio Carrera e a que foi campioa de España de BTT, Eva Castro, foron os encargados de facer a presentación do xeodestino, que estivo representado pola alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez

O Xeodestino Condado Paradanta fai unha aposta polo turismo deportivo

RECOÑECEMENTO AO COMPROMISO DE CALIDADE TURÍSTICA

E tamén en Fitur, na mesma xornada que tivo lugar a presentación deste xeodestino, a Secretaría de Estado de Tursimo e a Federación Española de Municipios e Provincias, outorgáronlle ao destino Terras do Condado A Paradanta o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continua da calidade turística española e ao esforzo para a implantación do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTEC).

- Publicidade -spot_img