spot_img
InicioGaliciaA CoruñaO voluntariado de Greenpeace en Galicia reivindica o vindeiro sábado a protección...

O voluntariado de Greenpeace en Galicia reivindica o vindeiro sábado a protección dos océanos

Unha exposición fotográfica mostra no Porriño toda a beleza de «Os nosos océanos»A organización ecoloxista denuncia que a ausencia de gobernanza en augas internacionais esixe crear reservas mariñas e regular actividades como a pesca ou a extracción de minerais

Revista COUSAS DE Nº13

Voluntarios e voluntarias de Greenpeace en Galicia sairán ás rúas da Coruña, Compostela e Vilagarcía o vindeiro sábado 11 de xuño para pedir a colaboración cidadá e lograr un Tratado Global dos Océanos que protexa o 30% dos mesmos para 2030. Deste xeito, membros da organización en Galicia súmanse ás actividades que, con motivo do Día Mundial dos Océanos celebrado o pasado 8 de xuño, desenvólvense en múltiples cidades do Estado e do mundo.

Durante a xornada instalarán casetas informativas para recoller sinaturas a favor do devandito tratado. Case que cinco millóns de persoas en todo o mundo e máis de duascentas mil en España xa se uniron a esta petición e calquera persoa pode facelo na páxina web de Greenpeace. Este apoio da cidadanía será clave nos vindeiros meses para conseguir un Tratado Global sólido, que realmente supoña unha xestión completa e integrada de todas as actividades, dende a pesca en augas internacionais á incipiente concesión de licenzas de minería submariña.

O Goberno de España, especialmente a través da súa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, ratificou o compromiso do estado español (1) para asegurar a protección de, cando menos, o 30% do océano global a través dunha rede de áreas mariñas altamente protexidas para 2030 (2). Pero segundo un documento ao que tivo acceso Greenpeace tras a pasada rolda de negociacións de marzo, a Secretaría Xeral de Pesca do Goberno español estaría a valorar positivamente excluír a actividade pesqueira do Tratado Global dos Océanos, algo que non ten sentido debido a que a desenfreada actividade pesqueira é un dos principais problemas que atravesan. Por iso Greenpeace denuncia o dobre xogo do Goberno de España cunha unha demanda clara: que se inclúa a xestión da pesca no texto final do devandito Tratado.

Para facilitar a colaboración cidadá o voluntariado de Greenpeace instalará os postos de información e recolleita de sinaturas nos seguintes lugares:

  • A CORUÑA.  Xardíns de Méndez Núñez (evento Acampa). 11:00-19:00 h
  • Praza de Cervantes. 10:30-14:00 h
  • VILAGARCÍA DE AROUSA.  Praza de Galicia. 11:00-14:00 h
- Publicidade -spot_img