spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO volanteiro da Asociación Piueiro asucará a costa para homenaxear o Camiño...

O volanteiro da Asociación Piueiro asucará a costa para homenaxear o Camiño Portugués

O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño PortuguésA Asociación Piueiro de A Guarda, coa financiación da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, realiza dende mañá rutas marítimas gratuitas para facer parte do Camiño Portugués pola costa.  Unha iniciativa novedosa e pioneira con travesías que van dende os 50’ ata preto de catro horas, dependiendo da ruta.

O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño Portugués. “Volanteiro no Camiño” é unha iniciativa gratuita na que intégranse varias rutas e á que están convidado todos os que o desexen, cun límite de oito a seis persoas por viaxe. A Xunta de Galicia, a través do programa O teu Xacobeo, respalda un proxecto ó que os interesados poden anotarse a través de páxina web https://piueiro.webnode.es/o-teu-xacobeo/

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro de A Guarda desenvolverá navegacións no volanteiro polo Camiño Portugués da Costa, repetindo o itinerario polo que os restos do Apóstolo Santiago chegaron a Galicia hai case 2000 anos. Así, realizará varias rutas costeiras desde A Guarda ata Redondela, onde conflúen o camiño polo mar e pola terra, pasando por O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo. O Piueiro realizará unha navegación a vela totalmente sustentable, na que unicamente se apoiará no motor para facilitar as manobras de atracada e desatraque.

A idea é promocionar as Rutas Xacobeas por mar, en particular o Camiño Portugués pola Costa, pór en valor e dinamizar o patrimonio marítimo e fluvial de Galicia e Norte de Portugal e crear espazos de encontro entre peregrinos/as e a poboación local. Engadindo unha perspectiva de gran importancia tanto para a asociación como para o propio Xacobeo: reivindicar o papel protagonista da muller no mundo do mar a través dunha tripulación maioritariamente feminina, que percorrerá unha das rutas sinaladas.

A travesía permitirá descubrir a navegación a bordo dun volanteiro guardés e a cultura mariñeira transmitida pola propia embarcación e polos seus tripulantes, en parte mariñeiros xubilados do porto de A Guarda. Todos eles recibieron nos últimos meses a formación necesaria en Interpretación do Patrimonio para ofrecer información aos viaxeiros ao longo das rutas.

Á presentación dos roteiros asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o xefe de Turismo da Delegación da Xunta en Pontevedra, Felipe Ferrero

Un elemento fundamental do proxecto é un mapa que, entre outros agasallos conmemorativos, recibirán todos os participantes e que achegará unha visión do Camiño Portugués pola Costa desde o mar, destacando bens patrimoniais e naturais como: o Monte Santa Trega, o espazo Natural Esteiro do Miño (Rede Natura 2000), o Mosteiro de Oia, os petroglifos Auga dos Cebros (embarcación fenicia), a Fortaleza Monterreal, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, o  Monte do Castro, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande  ou a Illa de San Simón.

“Volanteiro no camiño” persegue tamén vincular o mar e a poesía, polo que o mapa incluirá unha seleción de poemas de Rosalía de Castro sobre o mar. E xa no mes de setembro coma colofón á iniciativa, protagonizará un recital poético na Guarda.  Este pequeno concello de 3.000 habitantes será o punto neurálxico dos roteiros pola súa riqueza. Ademais do extraordinario Mosteiro de Santa María de Oia, na zona pódense visitar as Mámoas da Serra da Groba; os gravados rupestres de Auga dos Cebros, onde se atopan as únicas embarcacións debuxadas en petroglifos galegos; castros como o da Cabeciña; ou os restos das salinas romanas de Mougás e Viladesuso.

- Publicidade -spot_img