Inicio Pontevedra O Salnés O viveiro de empresas de Barro-Meis recibe un novo impulso coa instalación...

O viveiro de empresas de Barro-Meis recibe un novo impulso coa instalación de oito novas empresas

o-viveiro-de-empresas-de-barro-meis-recibe-un-novo-impulso-coa-instalacion-de-oito-novas-empresas

Os negocios ocuparán seis naves e cinco oficinas do viveiro, que xa ten unha ocupación de máis de 60 por cento

A Comisión de Selección da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a instalación de oito novas empresas no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, que pasarán a ocupar un total de seis naves e cinco oficinas deste espazo. Deste xeito o viveiro, acollerá un comercio ao por menor de produtos alimenticios en establecemento, unha empresa de venda de tratamento de augas, un negocio dedicado á captura, explotación, proceso e comercialización de produtos invertebrados do mar, ou unha empresa de deseño e fabricación de compoñentes de aluminio

Ademais, tamén se incorporan un comercio exterior de importación e exportación de peixes e mariscos, un negocio de servizos técnicos de enxeñaría, asistencia métrica e posta en valor en sectores como o patrimonio naval, cultural, obra civil e industrial, un comercio de restauración estética e recuperación de vehículos, e por último, unha empresa de xestión e tramitación de subvencións e licitacións públicas a pequenas e medianas empresas.

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. Con estas novas solicitudes, que se suman ás aprobadas con anterioridade, as taxas de ocupación do viveiro son do 62,5% no caso das naves e do 58,3% en canto ás oficinas. Como sinalou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “seguimos avanzando na ocupación dese espazo que vai ser un elemento de desenvolvemento económico, de creación de empregos”.

Lembramos que o pasado mes de outubro a Deputación de Pontevedra decidiu baixar o prezo destes espazos ata máis da metade co obxectivo de “facer un esforzo para que as naves e oficinas dos viveiros sexan máis atractivas para a instalación de novas empresas, autónomos, pemes e persoas emprendedoras”, sinalou a Presidenta provincial no momento do anuncio, que engadiu que “estes novos prezos públicos son o resultado de estudos e análises serios sumados ó esforzo que estamos a facer para impulsar o emprendemento como motor do desenvolvemento económico e social da provincia de Pontevedra”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies