spot_img
InicioVal MiñorNigránO vindeiro curso os menús escolares de Nigrán se elaborarán na nova...

O vindeiro curso os menús escolares de Nigrán se elaborarán na nova cociña escolar municipal

O vindeiro curso os menús escolares de Nigrán se elaborarán na nova cociña escolar municipalA presión de máis dun ano de toda a comunidade educativa e do Concello tradúcese nuns novos plegos de concesión da Xunta que redistribúen os lotes para que a comida do CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares e Da Cruz se elabore nesta nova instalación

Revista COUSAS DE Nº17

Os menús escolares de Nigrán darán un salto abismal de calidade  no vindeiro curso: finalmente, a cociña construída polo Concello no CEIP Humberto Juanes cun investimento de 373.878 € será o lugar desde onde se elaborarán os menús do propio CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares (Vilariño) e Da Cruz (Camos). Así, a  presión de máis dun ano de toda a comunidade educativa e do Concello tradúcese nuns novos plegos de concesión da Xunta publicados esta tarde que, ademais de recoñecer esta instalación, redistribúen os lotes para que a comida do CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares e Da Cruz se elabore aquí (O CEE de Panxón, CEIP Arquitectos Palacios e A Galiña Azul xa gozaban de cociña propia)

“É un día feliz para Nigrán. Cumprimos coas nosas crianzas. Queda demostrado que o investimento pagou a pena e que doutro xeito, sen mobilizarnos xunto á comunidade educativa, nada tería cambiado: seguiría a cociñar un catering ubicado a centos de kilómetros, como ata agora. O resultado non pode ser máis gratificante porque foron anos de loita conxunta en favor da saúde e o benestar das nosas crianzas. Este é parte do Nigrán para todos que buscamos”, indica o alcalde, Juan González.

“A situación era insostible, as queixas eran fragrantes. A obra xa estaba rematada e a Xunta evitaba contestar a nosa petición ou, directamente, criticaba ter feito a instalación. A saúde dos nenos está por riba de calquera interese político ou empresarial, por iso decidimos facer este investimento sí ou sí”, indica o alcalde, Juan González. “Tiñamos máis que contrastado que o menú que se elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior aos dos demais colexios que se nutren do sistema de catering, e non é xusto discriminar ao alumnado da ensinanza pública dentro dun mesmo municipio”, destaca González.

“O propósito é a mellora do servizo cun cambio substancial en todos os aspectos: calidade, cantidade e adecuación nutricional, e cremos que a cociña do CEIP Humberto Juanes pode humanizar un servizo que estaba deshumanizado e que agora pode incluir platos que nin se podían polo transporte (100 km) e o horario no que se ten que cociñar para que chegue a tempo ao centro”, sintetiza.

O Concello de Nigrán investíu 373.878 € na construción dunha cociña no CEIP Humerto Juanes (centro que dispuña dese espazo) dimensionada para dar resposta a tódolos centros educativos de Nigrán que así o desexen, así, tería capacidade para abastecer ata 1.000 usuarios, tendo os colexios de Nigrán actualmente 561 comensais asignados.

Tanto dente a comunidade educativa como dende o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permitirá ter unha alimentación máis saudable porque se contrarrestará o uso de alimentos ultraprocesados e privilexiará o uso de produtos frescos e materias primas do comercio local, poderán elaborarse menús máis variados, achegará aos nenos á cultura do esforzo e traballo ao non separar fisicamente o proceso de elaboración do resultado final e creará un ambiente máis familiar no centro. Ademais, considerase que permitiría menús máis equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos. Esta nova cociña ocupa 490 metros cadrados dunha antiga zona de almacén e de aulas e conta cun equipamento acorde ás demandas actuais.

- Publicidade -spot_img