spot_img
InicioO SalnésCambadosSala de Exposicións Espazo Torrado de Cambados inaugura a exposición “O Corbal...

Sala de Exposicións Espazo Torrado de Cambados inaugura a exposición “O Corbal no mar de Arousa”

Sala de Exposicións Espazo Torrado de Cambados inaugura a exposición “O Corbal no mar de Arousa”Co gallo do seu centenario, a Sala de Exposicións Espazo Torrado de Cambados inaugura a exposición antolóxica da obra gráfica do pintor Xosé Conde Corbal, “O Corbal no mar de Arousa”. 

Revista COUSAS DE Nº17

Xosé Conde Corbal, un dos mellores artistas plásticos galegos do século XX, viviu máis dunha década na Ría de Arousa, e o seu fructífero traballo abrangue dende o mar, as súas xentes e as súas artes, aos seus escritores, a obra de Valle-Inclán, a fauna e a flora, as vivenzas históricas, así como o patrimonio arousán e o erotismo, entre outros motivos.

A exposición será inaugurada este venres 5 de Maio as 19:30 horas e permanecerá aberta ata o próximo 18 de Xuño.

O artista pontevedrés fará do gravado o seu leitmotiv como símbolo de democratización da arte, cunha intención próxima á pedagoxía popular, poñendo en marcha unha técnica propia que traerá consigo o abaratamento dos custos de producción, conseguindo así un propósito seu, o de facer accesible a arte.

A sala de Exposicións de Cambados fará un minucioso percorrido pola dilatada obra do artista no seu paso pola ría de Arousa, que suporá unha viaxe enriquecedora que evidencia o sentido da súa obra como testemuña da sociedade, as costumes e o patrimonio artístico e cultural de Galicia e, neste caso concreto, da ría de Arousa. 

- Publicidade -spot_img