O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, recibiu, na Subdelegación, ao novo vicecónsul de Portugal en Vigo, Manuel Correia da Silva.
O vicecónsul, representante máximo do Estado portugués en Galicia, agradeceu ao subdelegado a recepción e explicou que os dous labores primordiais deste Viceconsulado son promover os intereses e valores de Portugal e asistir e apoiar á cidadanía portuguesa e ás empresas portuguesas en Galicia.
Manuel Correia da Silva exerceu tamén como representante de Portugal en Alemaña e foi asesor do goberno luso.
https://www.portaldascomunidades.mne.pt/pt/rede-consular/europa/espanha#vice-consulado-de-portugal-em-vigo



