Inicio Galicia Compostela As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse en Estados Unidos

As Cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse en Estados Unidos

IX-Congreso-Internacional-Estudos-Xacobeos-reunirá-expertos-internacionais-afondar-relación-entre-culto-mariano-Xacobeo

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre elas Santiago de Compostela, está a participar nas Xornadas de apoio á comercialización organizadas por Turespaña en California, que teñen lugar no Condado de Napa, xunto a San Francisco, e que consistiron nunha presentación e nun workshop con turoperadores de todo Estados Unidos. Neste caso trátase dunha acción orientada a operadores especializados en turismo cultural e enogastronómico.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre elas Santiago de Compostela, está a participar nas Xornadas de apoio á comercialización organizadas por Turespaña en California, que teñen lugar no Condado de Napa, xunto a San Francisco, e que consistiron nunha presentación e nun workshop con turoperadores de todo Estados Unidos. Neste caso trátase dunha acción orientada a operadores especializados en turismo cultural e enogastronómico. Tras unha presentación sobre o mercado estadounidense, realizada pola OET o domingo 15 a todos os participantes, o luns 16 tivo lugar unha presentación de todos os destinos e empresas asistentes, entre eles o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, na adega Artesa, en Napa. O martes 17 celebrouse o workshop nun hotel da mesma localidade californiana. Con esta importante promoción directa, dáse continuidade ás presentacións celebradas o pasado ano en Los Ángeles, Tampa e Orlando. Esta campaña forma parte do Plan Operativo de Turismo 2015 do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que ten como obxectivo promover os 15 destinos como marca de turismo cultural internacional, e que vén concretando na presenza da rede nas máis importantes feiras especializadas do mundo, presentacións técnicas de produto a axencias e turoperadores, e organización de viaxes de familiarización, entre outras accións. O mercado dos Estados Unidos O estadounidense é un mercado de grande importancia para España en xeral e para as cidades Patrimonio en particular. Segundo datos extraídos da ficha executiva deste mercado, elaborada pola Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos de Turespaña, a cota de mercado de España no turismo emisor deste país en 2014 situouse no 1,78%. Esta cifra resultan de dividir o número total de turistas estadounidenses rexistrado por FRONTUR o ano pasado entre o número de saídas ao estranxeiro proporcionado polo Departamento de Comercio dos Estados Unidos (Office of Travel and Tourism Industries - OTTI), que foi de 68,3 millóns. A gran maioría (76,5%) dos turistas estadounidenses que viaxan ao noso país fano por lecer e vacacións. Dentro das diferentes motivacións, a realización de actividades culturais ten unha especial relevancia. Así, se analizamos o Anuario de Estatísticas Culturais 2015, elaborado pola Subdirección Xeral de Estatística e Estudos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no apartado de turismo cífrase en 88,9% a porcentaxe de estadounidenses que realizaron actividades culturais durante a súa visita a España en 2014. O turista tipo estadounidense ten unha idade comprendida entre 25 e 44 anos (49%) seguido a bastante distancia polo grupo comprendido entre 45 e 64 anos, que representa un 25,4%. Para Europa, os principais emisores son California, Nova York, Texas, Florida e Pennsylvania. É claramente maioritaria (80%) a organización individual da viaxe que realiza o propio turista ou lle organiza unha axencia a medida, fronte ao paquete turístico, que só representa o 20%. En 2014, os máis de 1.200.000 estadounidenses que visitaron España (1,9% do total) realizaron un gasto per cápita de 2.338 euros, o que supón o 4,5% sobre o gasto total de visitantes estranxeiros no noso país. Esta cifra dá unha dimensión do interese deste mercado. Nos meses de xaneiro a setembro de 2015, e de novo segundo cifras ofrecidas pola Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos de Turespaña, o crecemento interanual acumulado é xa do 23,1%, o cal nos fala dun excepcional ano para o emisor estadounidense, animado seguramente polo poder do dólar fronte ao euro. Tras unha presentación sobre o mercado estadounidense, realizada pola OET o domingo 15 a todos os participantes, o luns 16 tivo lugar unha presentación de todos os destinos e empresas asistentes, entre eles o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, na adega Artesa, en Napa. O martes 17 celebrouse o workshop nun hotel da mesma localidade californiana.

Con esta importante promoción directa, dáse continuidade ás presentacións celebradas o pasado ano en Los Ángeles, Tampa e Orlando.

Esta campaña forma parte do Plan Operativo de Turismo 2015 do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que ten como obxectivo promover os 15 destinos como marca de turismo cultural internacional, e que vén concretando na presenza da rede nas máis importantes feiras especializadas do mundo, presentacións técnicas de produto a axencias e turoperadores, e organización de viaxes de familiarización, entre outras accións.

O mercado dos Estados Unidos
O estadounidense é un mercado de grande importancia para España en xeral e para as cidades Patrimonio en particular. Segundo datos extraídos da ficha executiva deste mercado, elaborada pola Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos de Turespaña, a cota de mercado de España no turismo emisor deste país en 2014 situouse no 1,78%. Esta cifra resultan de dividir o número total de turistas estadounidenses rexistrado por FRONTUR o ano pasado entre o número de saídas ao estranxeiro proporcionado polo Departamento de Comercio dos Estados Unidos (Office of Travel and Tourism Industries – OTTI), que foi de 68,3 millóns.

A gran maioría (76,5%) dos turistas estadounidenses que viaxan ao noso país fano por lecer e vacacións. Dentro das diferentes motivacións, a realización de actividades culturais ten unha especial relevancia. Así, se analizamos o Anuario de Estatísticas Culturais 2015, elaborado pola Subdirección Xeral de Estatística e Estudos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no apartado de turismo cífrase en 88,9% a porcentaxe de estadounidenses que realizaron actividades culturais durante a súa visita a España en 2014.

O turista tipo estadounidense ten unha idade comprendida entre 25 e 44 anos (49%) seguido a bastante distancia polo grupo comprendido entre 45 e 64 anos, que representa un 25,4%. Para Europa, os principais emisores son California, Nova York, Texas, Florida e Pennsylvania. É claramente maioritaria (80%) a organización individual da viaxe que realiza o propio turista ou lle organiza unha axencia a medida, fronte ao paquete turístico, que só representa o 20%.

En 2014, os máis de 1.200.000 estadounidenses que visitaron España (1,9% do total) realizaron un gasto per cápita de 2.338 euros, o que supón o 4,5% sobre o gasto total de visitantes estranxeiros no noso país. Esta cifra dá unha dimensión do interese deste mercado.

Nos meses de xaneiro a setembro de 2015, e de novo segundo cifras ofrecidas pola Subdirección Xeral de Coñecemento e Estudos Turísticos de Turespaña, o crecemento interanual acumulado é xa do 23,1%, o cal nos fala dun excepcional ano para o emisor estadounidense, animado seguramente polo poder do dólar fronte ao euro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies