Inicio Reportaxes O Vento dos Buracos Negros Pode Deter a Formación de Estrelas

O Vento dos Buracos Negros Pode Deter a Formación de Estrelas

Vento-dos-Buracos-Negros-Pode-Deter-Formación-Estrelas

Grazas ao observatorio espacial Herschel da ESA, os astrónomos descubriron que o vento xerado por un buraco negro está a varrer a galaxia na que se atopa, levándose consigo a materia prima necesaria para formar novas estrelas.

Os buracos negros supermasivos atópanse no centro da maioría das galaxias, e son obxectos extremadamente densos e compactos cuxa masa pode ser millóns ou miles de millóns de veces superior á do noso Sol.

Moitos deles, como o que ocupa o centro da nosa Vía Láctea, son relativamente pasivos, pero outros están a destruír a súa contorna con gran voracidade.

Os buracos negros non só engolen o gas que os rodea; ás veces tamén o expulsan en forma de potentes chorros ou ventos. Os astrónomos sospeitaban desde hai tempo que estes escapes de materia poderían ser os responsables de baleirar ás galaxias de gas interestelar, e en particular das moléculas a partir das que se forman as novas estrelas.

Co paso do tempo estes ventos acabarían afectando á actividade de formación de estrelas na galaxia, podendo chegar a detela por completo.

Con todo, até a data non se logrou estudar este proceso. Os astrónomos detectaran fortes ventos nas inmediacións dos buracos negros grazas aos telescopios de raios X, e descubriran escapes de gas a gran escala a través das observacións no infravermello, pero nunca observaran estes dous fenómenos nunha mesma galaxia.

Un novo estudo acaba de cambiar o panorama, ao lograr observar os ventos a pequena e a gran escala desencadeados por un mesmo buraco negro.

“É a primeira vez que vemos un buraco negro supermasivo en acción, varrendo os depósitos de gas da súa galaxia“, explica Francesco Tombesi, do Centro Goddard da NASA e da Universidade de Maryland, Estados Unidos, quen dirixiu a investigación publicada onte na revista Nature.

Ao combinar as observacións realizadas polo satélite europeo Herschel nas lonxitudes de onda do infravermello cos novos datos na banda dos raios X recolleitos polo satélite xaponés-americano Suzaku, os astrónomos foron capaces de comparar os ventos nas inmediacións do buraco negro central cos seus efectos a gran escala, arrastrando as reservas de gas da galaxia IRAS F11119+3257.

Os ventos empezan sendo locais e fortes, con refachos que alcanzan o 25% da velocidade da luz e que son capaces de arrastrar unha masa solar de gas ao ano.

A medida que se afastan do buraco negro central os ventos fréanse, pero conseguen empuxar fóra da galaxia unha cantidade de gas equivalente a cen veces a masa do noso Sol.

Esta é a primeira proba firme de que os ventos provocados por un buraco negro poden desposuír a unha galaxia de gas, a través de escapes a gran escala.

Este descubrimento reforza a teoría de que os buracos negros poderían chegar a deter o proceso de formación de estrelas na galaxia na que se atopan.

“Herschel revolucionou as teorías sobre a formación das estrelas. Estes novos resultados axúdannos a comprender como e por que varía a actividade de formación de estrelas nalgunhas galaxias, podendo chegar a deterse por completo“, explica Göran Pilbratt, científico do proxecto Herschel para a ESA.

“Atopamos ao culpable deste gran misterio cósmico. Como moitos sospeitaban, un buraco negro central pode desencadear escapes de gas a gran escala, detendo a actividade de formación de estrelas“.

 

foto:    O vento dun buraco negro arrastra o gas dunha galaxia. Image Credit: ESA/ATG Medialb

fuente:NASA

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies