spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO velódromo do Porriño volverá escoitar o ruxir dos motores co XVI...

O velódromo do Porriño volverá escoitar o ruxir dos motores co XVI Dirt Track Xacob Agra

O velódromo do Porriño volverá escoitar o ruxir dos motores co XVI Dirt Track Xacob AgraO velódromo porriñés acollerá este sábado, a partir das 21 h, unha nova edición do Dirt Track Xacob Agra, que está organizado polo Motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño

Revista COUSAS DE Nº18

Un ano máis, e xa van dezaseis, o velódromo municipal do Porriño acollerá a Dirt Track Xacob Agra. Como cada ano, o motoclub Papaya en colaboración co Concello do Porriño, organiza esta carreira noturna que reunirá no óvalo porriñés a pilotos chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deporte, Abel Estévez, xunto a Xoaquín Agra, presidente do motoclub Papaya, e o piloto porriñés Xacob Agra, presentaron esta mañá o evento.

“Como cada ano por estas datas poderemos disfrutar deste espectáculo deportivo, unha cita marcada na axenda de todos os amantes do motor que cada edición conta cunha enorme participación e implicación do público”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que quixo agradecer ao Motoclub Papaya o “gran nivel organizativo que demostran cada ano, que fixo posible consolidar este evento deportivo de referencia en toda Galicia”.

A proba desenvolverase como cada ano en eliminatorias por grupos (clasificatorias, repescas, semifinais e finais). Prevese que disputen a proba preto de 40 pilotos, 20 en adultos e outros na modalidade infantil que será exhibición, chegados de toda a xeografía galega e tamén do país veciño. Cabe destacar que nesta edición debutará nesta disciplina o piloto local Jose Calvar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.