spot_img
InicioVal MiñorBaionaO veleiro portugués Miudo, gaña o Trofeo Infinitus Rent

O veleiro portugués Miudo, gaña o Trofeo Infinitus Rent

o-veleiro-portugues-miudo-gana-o-trofeo-infinitus-rentO veleiro portugués Miudo, armado polo destacado regatista luso Rui Ramada e patroneado pola súa filla Francisca Barros, alzouse vencedor este fin de semana do Trofeo Infinitus Rent, a liga de inverno de monotipos J80 organizada polo Monte Real Club de Yates desde o pasado mes de xaneiro.

Tras máis de tres meses de competición, o campionato despediuse de Baiona coa sexta e última xornada de probas, na que os veleiros participantes disputáronse as tres últimas regatas que acabaron por definir o podio de gañadores. Tres mangas que se celebraron con moi boas condicións e que permitiron manter a emoción ata o final, coas tripulacións dando o mellor de si na auga. O gran premio do Trofeo Infinitus Rent levoullo finalmente o Miudo, un barco do club BB Douro de Vila Nova de Gaia que navega polo Monte Real Club de Yates, no que se alternaron á cana Francisca Barros e Afonso Leite.

Ambos os patróns, os máis novos da competición, mantiveron ao Miudo nos postos de honra durante practicamente todas as probas e resolveron o campionato na última xornada ascendendo ata a primeira posición. O Okofen de Javier da Gándara, que chegou á final entre os favoritos para facerse co triunfo, empatado a puntos na clasificación co Miudo, volveu coarse unha vez máis no podio de gañadores, pero esta vez coa medalla de bronce. A prata do Trofeo Infinitus Rent levoulla o Virazón de Miguel Lago, que pelexou durante toda a competición por manterse nos postos de honra e finalmente conseguiuno. O Pousado do comodoro do Monte Real, Fernando Yáñez; e o Meltemi do Real Club Náutico da Coruña, patroneado por Guillermo Blanco; mantiveron a cuarta e quinta posición que arrastraban da penúltima xornada.

 

O punto e final á competición púxoo unha cea de confraternidade celebrada en Baiona, á que asistiron armadores, regatistas, colaboradores, responsables do comité de regata e do club organizador. Tamén estiveron presentes o xerente de operaciónes de Infinitus Rent, Luís Angel Martín; o director de desenvolvemento de negocio da compañía, Alberto Rodríguez; e Jorge Otero, delegado comercial en España e Latinoamérica da firma patrocinadora, unha empresa nada da unión de catro sociedades comercializadoras de renting tecnolóxico en España, con máis de 7 anos de experiencia no sector e unha facturación anual que rolda os 12 millóns de euros.

Preparados para o Campionato de España da clase J80 O Trofeo Infinitus Rent serviulle ao Monte Real Club de Yates de preparación para o Campionato de España de J80, que o club albergará a finais do próximo mes de abril. A súa frota de monotipos, a máis numerosa de Galicia e unha das máis destacadas da península, participará ao completo no nacional da clase, ao que as tripulacións do club acoden con aspiracións de levar o título. Baiona comezará a recibir aos veleiros chegados de diferentes puntos de España na última semana de abril e, tras unha xornada previa, reservada ao rexistro e pesada das tripulacións, a competición empezará o sábado día 28, para prolongará durante 4 días. O nacional de J80, enmarcado no Trofeo Repsol, finalizará o festivo do primeiro de maio coas últimas mangas e a entrega de premios aos gañadores.

Os J80 abren paso ao resto de clases Os monotipos J80 abriron o calendario deportivo do Monte Real Club de Yates para este 2018, un programa no que se inclúen un total de 15 competicións. Tras o Trofeo Infinitus Rent, celebrado entre xaneiro e marzo, abril será o mes do Trofeo Comunica e o Trofeo Repsol, a tradicional regata de primavera que o club leva celebrando desde hai máis de 40 anos.

Os veleiros clásicos 6 m serán os protagonistas do mes de maio, na regata 525 aniversario da arribada da carabela Pinta; e en xuño celebrarase en Baiona o Campionato Galego de Solitarios e a Dous. As dúas grandes citas do club, o Trofeo Conde de Gondomar e o Trofeo Príncipe de Asturias manteñen as mesmas datas que en anos anteriores, e celebraranse a finais de xullo e principios de setembro.

 

CLASIFICACIÓN XERAL FINAL  (Top5) TROFEO INFINITUS RENT

 

1.     MIUDO · Rui Ramada· We Do Sailing · 22 puntos

2.     VIRAZÓN · Miguel Lago · Monte Real Club de Yates · 30 puntos

3.     OKOFEN · Javier de la Gándara · Monte Real Club de Yates · 31 puntos

4.     CANSINO · Fernándo Yáñez · Monte Real Club de Yates · 38 puntos

5.     MELTEMI · Guillermo Blanco · Real Club Náutico de A Coruña · 46 puntos

 

 

- Publicidade -spot_img