spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Val Miñor contará tamén este ano co obradoiro de emprego "Terras...

O Val Miñor contará tamén este ano co obradoiro de emprego “Terras do Miñor”

"Terras do Miñor III" -xornada-formativa-Mexillón-de-Galicia
A foto corresponde a “Terras do Miñor III” na xornada formativa Mexillón de Galicia

Cunha duración de seis meses e adicado á hostalería, arranca o 30 de decembro e está destinado a 20 alumnos-traballadores

A Mancomunidade do Val Miñor contará novamente este ano co obradoiro de emprego “Terras do Miñor”, adicado á hostalería e que se suma ao recén estreado “Valiemprego”, actualmente en marcha e orientado á promoción turística.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concede unha subvención de 179.134,20 euros, destinando 97.150,20 euros para os gastos salariais dos 20 contratados, que percibirán o salario mínimo interprofesional e que serán seleccionados dende o servizo público de emprego (o resto do orzamento se adica a gastos de dirección, formación, material…).

‘Terras do Miñor” foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Xunta a pasada semana. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total), comezando o 30 de decembro na Residencia de Tempo Libre de Patos e rematando o 29 de xuño.

Como nas anteriores ocasións, os 20 alumnos-traballadores (10 de operacións básicas de cocina e 10 de operacións básicas de restaurante e bar) serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social da mancomunidade e poderán desenvolver a súa especialidade en actos programados dende os concellos ou relativos á exaltación dos productos típicos da zona.

A oferta formativa de inserción laboral na comarca se completa con ‘Valiemprega Xove”, un novo obradoiro de promoción turística que se leva a cabo actualmente.

Así, “Valiemprega Xove” está adicado á ‘Promoción turística local e información ao visitante’ e se desenvolve en Gondomar con 15 alumnos-traballadores. Esta acción formativa é froito por vez primeira dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade) para solicitar unha subvención ao respecto. Entre os seus obxectivos está promover e comercializar destinos turísticos locais, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos  turísticos do entorno local, empregando en caso necesario a lingua inglesa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.